CONVERXENCIA GALEGA DENUNCIA Á SUCIEDADE, ABANDONO E PORCALLADAS NOS ARREDORES
DE SAN ROQUE
Reportaxe fotográfica: Converxencia Galega / A Guarda
Non nos imos cansar de ter que
facer referencia o estado en que se atopa o noso pobo, un paseo por cada lado,
lévanos a encontrar “zonas axardinadas” nunha población que na voz dos nosos
gobernantes é un “paraíso” con bandeiras azuis, e zonas de excelencia turística
que non son a referencia de A Guarda, cando volven o seu pobo, xa que a
suciedade e abandono das nosas rúas, donde a demostración de “pasotismo” é unha
permanente e unha vez superadas tódalas trabas expostas anteriormente, ven o gran “impacto visual” do xermen de novo
“XARDÍN BOTÁNICO” que o Concello está a desenrrolar nos antiguos patios, donde
a suciedade e abandono é a “tarxeta de recepción” a quen nos visita, algo que
xa é unha costume dende que somos Concello de Excelencia Turística, Destino
Eden e Bandeira Azul por todolos lados.
Non é por insistir, pero a
realidade, é que a maioría das veces que algún veciño nos chama para que
teñamos en conta a situación na rúa donde vive ou nas proximidades, xa imos co
convencemento de que ou é un tema de suciedade e abandono ou un problema de
tráfico.
Seguimos mantendo, que unha
imaxe dí moito máis que mil palabras, e neste, como nos demais casos que temos
denunciado, o que está a vista non precisa de moita explicación, xa que calquer
veciño que pase por este lugar, pode ollar a realidade do estado destas
instalacións.
Por todo o exposto, dende
CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar dos responsables municipais, para que
procedar a adecentar este lugar, pois é unha das imaxes que os que nos visitan
“promocionarán” no séu percorrido polo Camiño pola Costa ou o chegar o seu
punto de residencia.
A Guarda, a 28 de Xullo do 2.012
Celso R. Fariñas
Ningún comentario:
Publicar un comentario