24 de out. de 2012

SANTIAGO DE COMPOSTELA

FERNANDO CASÁS INAUGURA EXPOSICIÓN NO CGAC


O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, D. Xesús Vázquez Abad ten o pracer de convidar a vostede á inauguración da exposición 
                              Fernando Casás
            o agora xa foi e o denantes será
que terá lugar o vindeiro venres 26 de outubro de 2012, ás 20 h no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), Rúa Ramón del Valle Inclán, s/nº (Santiago de Compostela.
Comisario: Miguel von Hafe Pérez
Observar, recompilar, indexar, coñecer, recrear. Nunha obra marcada por xestos silenciosos, Fernando Casás (Gondomar, Pontevedra, 1946) mantén unha relación de curiosidade permanente coa natureza.
Os vestixios do paso do tempo, os estados e formas entrópicas en permanente mutación, atopadas na profundidade da selva tropical ou na exuberante paisaxe galega, determinan unha traxectoria creativa de máis de corenta anos. Entre Brasil, onde iniciou a súa práctica artística, e a súa Galicia natal, esta exposición antolóxica dá visibilidade a unha obra cunha determinación especulativa e conceptual singular, que tanto se pode materializar en procesos pictóricos ou escultóricos, como en accións efémeras e intervencións específicas, como será o caso das obras inéditas creadas para as salas do CGAC.

Ningún comentario:

Publicar un comentario