MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA SOBOR DO TRÁFEGO RODADO NA ESTRADA A GUARDA-A PASAXE
Dende fai bastante tempo, veciños, e usuarios que se trasladan pola estrada
P-355 dende A Guarda-A Pasaxe de Camposancos,
veñen manifestando as incidencias de tráfico nesta zona, donde cada día
que pasa, aumentan a diversas horas, e
especialmente os fíns de semán, as competicións entre xóvenes, e os
excesos de velicidade son unha constante, poñendo en perigo a integridade
física das persoas que a pé ou en vehículo transitan polo lugar.
Do mesmo xeito que en diversas vías de
circulación da nosa localidade, ademais da instalación de sinais de limitación de
velocidade, como un complemento a aumenta-la de seguridade, se instalaron
vadéns para provocar a reducción da mesma.
E responsabilidade das autoridades
locais, o atopar medidas que axuden a garantir a integridade física de bens e
de persoas, por que dende CONVERXENCIA GALEGA, consideramos que dende o
Concello e principalmente dende a Area de Tráfico, deben tomarse as medidas
oportunas para arranxar esta problemática no menor tempo posible e desa
maneira, evitar que teñamos que lamentar calquer percance que poida acontecer
de non actuar de xeito urxente.
A Guarda, a 04 de octubro do 2.012
Celso R. Fariñas
Rexistro de Entrada nº:
6346
Data do: 05.10.2012
Sr. Alcalde-Presidente
Sr. Concelleiro de
Tráfico
Sra. Cabo de Policia
Local
CONCELLO DE A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario