1 de out. de 2012

A GUARDA

MANIFESTACIÓN EN DEFENSA DA FLOTA GUARDESA TRALA EXCLUSIÓN DOS CALADOIROS PORTUGUESES (1979)

Proxecto Socheo
Película da manifestación, corresponde á xornada de mobilización - convocada pola Unión Sindical Local de CC.OO. - Comisións Mariñeiras - contra á Administración central española - daquela gobernaba a UCD, de Adolfo Suárez -, pola aplicación, por parte de Portugal, da protección dos seus caladoiros, de tal xeito que á flota de A Guarda, que viña faenando na plataforma continental de Portugal, tivo que deixar de face-lo e a partires diso, sair á procura de novos caladoiros, no banco canario sahariano. Esta manifestación tivo lugar no ano 1979. Comezou na Praza do Reló, percorreu a actual rúa de Galicia e baixou Concepción Arenal até o Porto. Segundo recollen as imaxes houbo unha gran asistencia de xente, todo o pobo movilizouse para reclamar ás autoridades españolas defensa da súa importante flota pesqueira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario