30 de set. de 2012

A GUARDA

EDITORIAL


RELEMBRAR Á SOCIEDADE PRO-MONTE SANTA TREGA NON DEBERA CONLEVAR ESQUECER A OUTRAS ENTIDADES TAMÉN CENTENARIAS

Desde fai anos vimos comentando a nivel coloquial, que A Guarda, nunca lle recoñecerá na súa xusta medida, á labor que desenvolveron os compoñentes da Sociedad Pro-Monte Santa Trega. Máis semella que á sensibilidade cultural de varias persoas que forman parte da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.), que foron os pioneiros en ir relembrando nos anos precedentes os fundadores da benemérita Sociedade que foi fundada en 29 de setembro de 1912, contribuiu a xerar á necesidade de non deixar pasar a efeméride. E dese xeito, recoñecer o moito que fixeron aquelas persoas que fai un século, por iniciativa de D. Julián López García, D. Manuel Lomba Peña e D. José Pedreira Sobrino, deron en fundar unha entidade que a partires dos fins iniciais - restaurar á ermida de Santa Trega e outros lugares vencellados o culto; introducir especies arbóreas no monte; acondicionar accesos; etc., etc. -, o ano seguinte, co descobremento  de importantes achádegos arqueolóxicos, situaría o concello de A Guarda, no panorama cultural e turístico do noso país. 
Por iso, celebramos que en boa hora, se fagan actos de recoñecemento á Sociedade Pro-Monte Santa Trega. A seus fundadores e continuadores. E que dese xeito, toda á cidadanía poida ter siquera unha referencia do moito que fixeron pola promoción cultural e turística de A Guarda, daquela tan aillada xeográfica e políticamente, da Administración centralista española.
O que ollamos con certa preocupación é que dentro do programa de charlas divulgativas co gallo do centenario da Sociedade Pro-Monte Santa Trega, se huberan elexido uns locais que coidamos non son os máis axeitados para que os diferentes relatores que intervirán, fagan súas respectivas disertacións. Pode que á elección de algúns locais teña un propósito populista, pero que en todo caso, e partindo do respecto que nos merecen seus titulares, e por suposto seus clientes, non son, na nosa modesta opinión, lugares axeitados para que tódolos públicos poidan asistir a uns eventos desas características. Por outra banda, foron "esquecidos" outros lugares que coidamos reúnen aforo e condicións óptimas para que o público, en xeral, poidese beneficiarse culturalmente das intervencións programadas. Deixar fora o Recreo Artístico Guardés, a Sociedade Los Amigos, de Camposancos, á Casa da Cultura, á Casa dos Alonso, ou a Confraría de Pescadores, por exemplo, pensamos que non foi, por parte das persoas que forman á correspondente comisión coordinada por un político do grupo municipal maioritario, unha decisión acertada. Por iso, reiteramos, benvidos os actos de recoñecemento á Sociedade Pro-Monte Santa Trega, pero que iso non conleve esquecementos innecesarios.

Ningún comentario:

Publicar un comentario