JORQUERA PIDE A RAJOY QUE DEIXE OS ACTOS ELECTORALISTAS E DEA A CARA E EXPLIQUE OS BRUTAIS RECORTES QUE TEN PREVISTO APLICAR
Francisco Jorquera na súa participación na festa nacionalista de Tomiño, xunto á alcaldesa do concello, Sandra González, e a deputada Carme Adan.
Jorquera na Fortaleza de Goian, na Festa Nacionalista do BNG do Baixo Miño
Fotografía: Alberte Alonso Pereira
Fotografía: Alberte Alonso Pereira
O candidato nacionalista á presidencia da Xunta
lamenta a imaxe de subordinación do poder civil ao eclesiástico ofrecida hoxe
por Rajoy coa entrega do Códice Calixtino
Infogauda / Tomiño
O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, esixiu
hoxe a Rajoy que dea a cara para explicar os “drásticos” e “brutais” recortes
que pensa aplicar en vez de asistir a Santiago ao acto de entrega do Códice,
“un acto electoralista máis propio de tempos pretéritos, de subordinación do
poder civil ao relixioso”.
Jorquera, que asistiu a Tomiño á súa tradicional
Festa Nacionalista, advertiu que as medidas que o goberno central está pondo
sobre a mesa van conlevar que a recesión se agrave e se transforme nunha grande
depresión económica que empobrecerá aínda máis ás clases medias e expulsará do
sistema a parte da poboación.
Para o candidato nacionalista, estas medidas que
Rajoy non se atreve a explicitar demostran que a o estado español é un estado
intervido a efectos prácticos, pois se van aplicar as mesmas medidas e recetas
que se adoptaron, por exemplo, en Grecia, e que conduciron a este País á
situación de derrumbe na que se atopa, “unha situación insostíbel para a súa
sociedade”.
“Visto isto -engadiu- é necesario un cambio de rumbo
nas políticas públicas, para que as persoas estean por riba dos dictados dos
mercados, das esixencias dos grandes poderes económicos”.
Neste sentido, Jorquera apelou á que se lle dea voz
aos cidadáns, que teñan dereito a opinar a través dun referendum tanto polos
recortes como polo feito de que Rajoy foi incumprindo todos e cada un dos seus
compromisos, pois ningunha das medidas que está a adoptar está incluida no seu
programa.
O candidato nacionalista aproveitou a súa visita á
Fortaleza de Goián, unha actuación do concello de Tomiño, gobernado polo BNG
por maioría absoluta, que se acaba de
inaugurar recientemente para demostrar como é posíbel pór en valor o patrimonio
galego.
“Esta acuación exemplar -dixo- contrasta coa
deixadez do goberno da Xunta na asunción das súas competencias, á hora de
garantir a seguranza dos bens patrimoniaias galegas, nomeadamente pezas como o
Códice”.
Jorquera lamentou actos como o celebrados hoxe en
Santiago, de entrega do Códice por parte de Rajoy, que, na súa opinión, son
máis propios de tempos pretéritos que de tempos democráticos.
“A imaxe de hoxe foi una imaxe de subordinación do
poder civil ao poder relixioso”, dixo, ao tempo que pediu que se abra
expediente á Igrexa polo acontecido co Códice e se tomen as medidas necesarias
para que a custodia deste tipo de obras depende dos poderes públicos, que
aseguren o seu coidado e o seu acceso ás visitas e aos historiadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario