¡¡COMO
ESTÁ O CENTRO CULTURAL!!
Fotografías: Converxencia Galega / A Guarda
No día de onte, con ocasión da
inauguración dunha exposición no Centro Cultural, na que tamén asistiu o Sr.
Alcalde, (polo tanto, pudo mirar o mesmo que os demais), xa que a crítica era
de bastantes persoas, porque o estado de abandono e suciedade destas
instalacións é cada vez máis evidente, tanto por dentro como por fora.
A súa fachada, fai máis de 8
anos que non recibe nín un pouco de cal, para que dé un aspecto medianamente
presentable, non debemos esquecer, que nestas dependencias, acude moita xente,
xa que nela están o Salón de Actos, de Exposicións, Oficina de Turismo,
Biblioteca, e demais departamentos.
Na parte externa, unha das
grandes “xoias” que exhibimos é un xogo de bandeiras que fai anos que estaban
enteiras e limpas, (independiente do concepto das bandeiras que cada un teña) o
comentario é que os visitantes que acuden o Centro Cultural atopan un “trapos”
pendurados nun estado de deterioro, que a mellor solución é a eliminación das
mesmas namentras un “haxa presuposto” para mercar unhas novas.
Un paseo polo arredor, fainos atopar outras belezas, anacos de
mangueiras que levan anos tiradas, un hórreo, que vai a gran velocidade cara o
séu derrube pola desidia e abandono máis
absoluto, e cúns xardíns que resecos que somentes coñecen a auga cando chove.
Para non perder a costume, e
para evitar que se intente desmentir a nosa denuncia, deixamos testimuña
gráfica da realidade da imaxe que da hoxe en día o Centro Cultural
A Guarda, a 30 de xullo do
2.012
Celso R. Fariñas
Ningún comentario:
Publicar un comentario