Posted: 18 Jun 2012 05:05 AM PDT
O Concello de Baiona a través da concellaría de Deportes e Actividades Marítimas, presentou o calendario de actividades de lúdico-deportivas que para o presente verán do 2012, ten previsto desenvolver para veciños e visitantes da Real Vila. As actividades a desenvolver caracterízanse pola diversidade das mesmas, así como, de ofrecer alternativas de lecer e deporte para todas as idades e sexos.

|
Posted: 18 Jun 2012 04:37 AM PDT
-O BNG de Gondomar critica que o goberno municipal non esixa unha proba de galego eliminatoria no acceso a postos de traballo no Concello de Gondomar.
-Os nacionalistas afirman que esa falla nas novas convocatorias non dá garantías de ser atendido na lingua do país.

|
Posted: 18 Jun 2012 04:07 AM PDT
A OMIX de Gondomar presenta a Exposición itinerante das instantáneas do 5º Certame fotográfico " VIAXANDO". A mostra amosa o traballo fotográfico de 18 mozas e mozos de entre 12 e 35 anos dos Concellos de Gondomar, Tui, Salceda de Caselas, A Guarda, Tomiño, Rosal, Nigrán, Baiona e Porriño. A exposición pode ser visitada na Casa Consistorial do Concello de Gondomar do 19 de xuño ao 31 do mesmo mes, sendo o día 19 de xuño o acto inagural ás 17:30h.

|
Posted: 18 Jun 2012 03:52 AM PDT
O concelleiro Antonio Fernández Comesaña (UCN-CDL) instou ao goberno municipal de Nigrán a recuperar para uso público os dous viarios da urbanización Arealoura, que dende a década dos 60 están restrinxidos ao uso privado. O portavoz de UCN, sinalou que a privatización dos vieiros incumpren " as condicións impostas pola Administración, en particular, no relativo á conexión dos citados viarios coa entón vía do tranvía Vigo-Baiona e a praia."
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario