A SOCIEDADE DEPORTIVA DE REMO "RIAS
BAIXAS" VOLTOU A PRESENTARSE NA VILA DE A GUARDA
A Dirección de Mecalia - empresa copatrocinadora do clube - foi á anfitrioa
Entre outros clubs, o C. R. Robaleira tamén achega remeiras á S. D. De Remo Rías Baixas
Infogauda / A Guarda
Precedida por un adestramento que escomenzou no
porto guardés e proseguiu en mar aberto, este sábado día 23 de xuño, tivo lugar na
Guarda, a presentación da tripulación da traiñeira da Sociedade Deportiva de
Remo Rías Baixas que defenderá as cores de Galicia na Tempada 2012 de
Traiñeiras.
Rematado o adestramento, remeiras, adestrador e delegada do club, así como o responsable de Mecalia - empresa co-patrocinadora da S. D. de Remo Rías Baixas -, dirixíronse ás instalacións do Club de Tenis Codesal onde tivo lugar á presentación propiamente dita, acto que contou coa asistencia do Secretario Xeral
para ou Deporte, José Ramón Lete Lasa; o director xeral de Mecalia, José Manuel Silva Vicente; así
como directivos do Club de Remo Robaleira, C. R. Samertolameu, de Meira; e dos
clubs de balonmán Mecalia-Atl. Novás e Mecalia-Atl. Guardés, que tamén contan
co apoio de Mecalia.
En decraracións a Infogauda, o Secretario Xeral para o Deporte, da Xunta de Galicia, dixo: "É unha
satisfacción estar presente na presentación do equipo que vai representar a
Galicia nas competicións nacionais importantes. Polo tanto quero agradecer o
traballo que están facendo todos os clubs que achegan deportistas e tamén
felicitar e agradecer polo apoio que están facendo as empresas patrocinadoras,
cando é tan complicado que se bote unha man, de forma tan desinteresada, a un
equipo que demostrou nos anos precedentes que é capaz de gañar ás mellores
tripulacións do circuíto das traiñeiras".
Pola súa banda, Benigno Silva Sánchez, adestrador e presidente da S. D. de Remo Rías Baixas, dixo: "O obxectivo prioritario é a Bandeira da Concha. Está
claro que imos ir para gañar ou cando menos estar aí, na pelexa, en primeira
liña da grella de saída. Non ten outro sentido. Se non o proxecto vaise ao
garete.
Para economizar imos ir o equipo xusto, con dous
ou tres cambios, nada máis. O primeiro test importante xa é o próximo día 7 de
xullo, en Portugalete e ao día seguinte en Zarautz. Será unha contrareloxo. Hai
catro prazas para a Liga Euskotren. Hai unha adxudicada para o club campión do
ano pasado e temos que meternos aí. Como sexa".
En canto á plantilla de deportistas, Benigno Silva dixo: "Mantemos a espiña dorsal do
ano pasado, que son unhas sete remeiras, das cales seis son campioas de España,
o cal é unha boa referencia.
Por outra banda, temos unhas seis baixas, e hai bastantes incorporacións, entre elas, de Robaleira, Rianxo,... Son moi novas, teñen que axustarse. Pero eu estou moi contento e elas tamén están moi ilusionadas. Hai dúas veteranas, de Cangas, que remaron fai moitos anos e están no club, e dúas patroas, unha cadete e outra xuvenil, ás que lles falta un pouco de experiencia. E logo outra patroa - Meri, que é cántabra -, que tivemos que incorporar este ano, porque Laura estaba cansada, sobre todo polas viaxes, e decidiu tomarse un ano sabático, e dedicarse aos seus estudos".
Por outra banda, temos unhas seis baixas, e hai bastantes incorporacións, entre elas, de Robaleira, Rianxo,... Son moi novas, teñen que axustarse. Pero eu estou moi contento e elas tamén están moi ilusionadas. Hai dúas veteranas, de Cangas, que remaron fai moitos anos e están no club, e dúas patroas, unha cadete e outra xuvenil, ás que lles falta un pouco de experiencia. E logo outra patroa - Meri, que é cántabra -, que tivemos que incorporar este ano, porque Laura estaba cansada, sobre todo polas viaxes, e decidiu tomarse un ano sabático, e dedicarse aos seus estudos".
Rematada á presentación ás remeiras e demais convidados, desprazáronse ao Monte Santa Trega onde a
Dirección de Mecalia ofreceulles un xantar nun coñecido restaurante.



Ningún comentario:
Publicar un comentario