21 de xuño de 2012

REMO

O CLUBE DE REMO ROBALEIRA ORGANIZA A I BANDEIRA DE TRAIÑAS

- A regata - incluida no calendario oficial da LGT-B 2012 -  disputarase o domingo día 1º de xullo, ás 11:00 h. no porto de A Guarda



C. R. Robaleira / A Guarda

Unha vez rematada as regatas de bateis e traiñeiriñas, comeza a categoría reina, as traiñas, na que o Club de Remo Robaleira voltará a participar este ano, despois de estar ausente o ano pasado.
O noso clube participará na LGT-B, liga que arrancará esta fin de semán coa Presentación da liga en Sanxenxo, o Sabado día 9 a partir das 21:00, na que se darán a coñecer as tripulacións participantes, será o primeiro acto antes de que o dia 30 deste mesmo mes comece a liga en Coruxo, e so 1 dia despois, o Domingo día 1 de Xullo será a regata da casa, a regata da Guarda!

Ningún comentario:

Publicar un comentario