23 de xuño de 2012

PONTEVEDRA


  
SEMINARIO FORMATIVO

PARA BOLSEIROS DA ÁREA DE COMERCIO

 26 Xuño 2012




O Presidente da Deputación de Pontevedra e a Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia Dna. Nava Castro Domínguez presentarán o vindeiro martes 26 de xuño un seminario formativo para os 22 bolseiros da Área de Comercio que desde hai un ano están colaborando con 23 Asociacións de Comerciantes da nosa provincia.

O apoio técnico nas tarefas de xestión das asociacións de comerciantes, o apoio ó asociacionismo comercial e a profesionalización das persoas que están á fronte destas organizacións foron o obxectivo destas bolsas de formación que agora rematan e que deron a oportunidade a 22 xoves titulados universitarios de coñecer de primeira man e ter un contacto directo co tecido comercial da provincia de Pontevedra.

Compostas por un intenso programa formativo que combinou formación teórica (diferentes xornadas e seminarios) coa práctica nas sedes das propias Asociacións de comerciantes onde os bolseiros da Deputación foron os encargados do desenvolvemento das tarefas de xestión e representación das asociacións de comerciantes así como co intercambio de experiencias, a materialización destas bolsas de formación veu a dar cumprimento a un compromiso adquirido pola institución provincial cos directivos das asociacións de comerciantes da nosa provincia así como á liña de traballo estratéxica “Formación e cualificación do sector comercial” recollida no Plan Director de Comercio (2009-2012) redactado a partir dos catro eixos básicos nos que se sustenta o Plan Estratéxico Provincial.

Na actualidade hai repartidos nos 62 concellos da provincia de Pontevedra 8.013 establecementos comerciais dos que 6.552 son pequenos comercios. Podemos dicir que o pequeno comercio representa o 82% da actividade comercial da nosa provincia o que supón unha presenza moi relevante no tecido produtivo.

Estes rapaces e rapazas desenvolveron un traballo importantísimo tamén para as administracións provincial e autonómica. A súa participación na elaboración dun mapa da situación do pequeno comercio na provincia de Pontevedra, un inventario dos pequenos comercios existentes, o apoio á campañas de dinamización comercial e á promoción dos mercados municipais cunha entrega e dedicación moi salientables.

O seu traballo contribuíu a que as administración sigan estando a pé de rúa, coñecendo de primeira man as demandas, propostas e necesidades dos cidadáns e permitiu que se teña unha visión mais cercana do traballo e da realidade comercial da nosa provincia nun momento tan decisivo como o que estamos a vivir.

O seminario que se desenvolverá o martes 26 (que será o último dentro do marco destas bolsas) ven a completar a formación dirixida desde a Área de Comercio e pretende facilitar ós bolseiros a súa inserción no mercado laboral.
Durante o desenvolvemento do mesmo tratarase de respostar ás súas inquedanzas no eido do emprego como complemento e continuidade das bolsas de formación e no da mellora da súa empregabilidade unha vez rematen estas.

O emprego 2.0, o mercado de traballo e os procedementos de búsquea de emprego.
A intención é a de xerar un espazo para reflexionar sobre o que está a pasar no mercado de traballo, os cambios que veñen de producirse e  as oportunidades e obrigas que presenta.
 Asociacións beneficiarias da colaboración dos 22 bolseiros da Deputación de Pontevedra:
  
ASOCIACIÓN BENEFICIARIA
CONCELLO
Concello de Rodeiro
Rodeiro
Asociación de Comerciantes y Empresarios de Cerdedo
Cerdedo
Asociación de Empresarios e Comerciantes de Forcarei
Forcarei
Cuntis Comercial Vila Aberta
Cuntis
Asociación de Empresarios de A Illa de Arousa
Illa de Arousa
Asociación de Comerciantes O Corazón de Meaño
Meaño
Asociación de Comerciantes Vilanova Centro
Vilanova de Arousa
Asociación de Comerciantes Punto Vilanova
Vilanova de Arousa
Asociación Profesional de Comerciantes de Ribadumia
Ribadumia
Asoc. de Comerciantes e Autónomos Galerías Oliva
Pontevedra
Asoc. de Comerciantes e Empresarios de Ponte Caldelas
Ponte Caldelas
Asoc. de Empresarios e Comerciantes de Traviesas
Vigo
Asoc. de Empresarios de Arcade Soutomaior
Soutomaior
Asoc. de Empresarios do Val Miñor
Nigrán
Asoc. de Empresarios e Comerciantes de Oia
Oia
Asoc. de Comerciantes de O Rosal
O Rosal
Asoc. de Autónomos, Comercio, Hostelería e Industriais de Tomiño
Tomiño
Asoc. do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios (ABACO)
A Guarda
Asoc. de Empresarios e Comerciantes de As Neves
As Neves
Asoc.de Comerciantes e Desenvolvemento Local de Crecente
Crecente


Ningún comentario:

Publicar un comentario