23 de xuño de 2012

A GUARDA

O PP condena o ataque vandálico sufrido na súa sede de A Guarda
                                           
Infogauda / A Guarda
O Partido Popular de A Guarda condena o ataque sufrido contra a súa sede local o pasado fin de semana, cando uns descoñecidos romperon os cristais do local situado na rúa Brasilino Álvarez.
Non é primeira vez que a sede popular sofre a rotura das lunas, concretamente nos últimos meses foros 4 as ocasións nas que se cometeron agresións deste tipo, o que hai que sumar outros actos vandálicos como pintadas na fachada ou pegadas de panfletos. 
A voceira do PP de A Guarda, Fátima Iglesias, sinalou que “dende a Xunta Local do PP da Guarda condenamos calquera tipo de agresión e acto vandálico, e que estes ataques a sede popular, neste caso, son a mostra da falta de tolerancia, civismo e respecto dunha minoría”. A portavoz do partido na Guarda xa cursou a pertinente denuncia dos feitos ante a Policía Local. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario