Jorquera compromete o apoio do BNG para recuperar Preescolar na Casa
TELEBNG
O candidato do BNG á presidencia da Xunta, Francisco Jorquera, participou hoxe en Lugo nun acto de apoio a Preescolar na Casa e contra os recortes do goberno de Feijoo a esta entidade que poñen en perigo a súa a continuidade e a atención educativa aos nenos e nenas do rural galego.
O candidato nacionalista comprometeuse a "recuperar este servizo, porque é un servizo indispensábel para apostar pola educación e polo futuro dos nenos e nenas do rural".
Francisco Jorquera, canda as deputadas do BNG no Parlamento Galego, Carme Adán e Isabel Sánchez Montenegro, o portavoz municipal do BNG, Xosé Antón Bao, e o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, participou esta mañá nun acto de apoio aos traballadores e traballadoras de Preescolar na Cada diante da delegación da Xunta en Lugo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario