19 de maio de 2012

VAL MIÑOR


Posted: 18 May 2012 10:24 AM PDT
rua-julian-valverde
Aínda abraiado polo repentino interese cultural da Asociación local de Comerciantes e Empresarios, o pasado domingo, 13 de maio, acudín, con dúas pequenas acuarelas, á segunda edición dunha mostra de pintura e escultura que, no mercado de Sabarís, convoca a devandita asociación. É coñecido o vello método de acudir ás artes cando se procura unha imaxe cultivada e desinteresada. Outra cousa non hai. Pois, a verdade, así, entre nos, se calquera dos membros da asociación quixera botar unha man aos artistas, de calquera cor e condición, tiveron anos dabondo, nos seus hoteis e establecementos públicos, para facelo. E como sempre, o de menos é a exposición. Un confuso revoltallo, mal pensado e mesturado, que anulaba todo tento racional de distinguir, valorar e dixerir. Non, non falo de calidades. Só defendo unha achega digna á obra. En toda exposición pública, en todo proxecto aberto á comunidade, latexa unha dimensión didáctica, unha posibilidade de aprendizaxe e coñecemento. Toda forma construída no espazo real, unha pintura, unha exposición colectiva ou unha proposta urbanística, supón a expresión material dunhas ideas, fundamentos e contextos. Por iso é tan importante o feito de salientar as súas características, coñecer as súas necesidades internas, o seu discurso singular. A confusión, a mestura e as presas, opóñense á distinción e o xuízo. Enfróntanse á libre formación, madureza e confrontación dos criterios cos que percibimos a realidade. Ao gradual cultivo da sensibilidade. Á cultura. Esa cousa sempre difusa, incomprensible e aparentemente inútil.


 
Posted: 18 May 2012 09:39 AM PDT
Cunqueiradas valminor
O Concellaría de Cultura de Gondomar, en colaboración co AGADIC e a Xunta de Galicia, presentan a Cándido Pazó e o seu espectáculo "Cunqueiradas" este venres 18 de maio ás 21 horas no Auditorio Municipal Lois Tobío. Pazó realiza nesta actuación un monólogo cómico a partir de historias de Álvaro Cunqueiro, autor de Mondoñedo do que se conmemorou o centenario do seu nacemento en 2011.


 
Posted: 18 May 2012 04:28 AM PDT
El sueño de Calíope
A actuación correrá a cargo do grupo Sueño de Calíope e as poetisa Dania D'Alfonso 

Despois da apretada axenda cultural mantida no concello de Gondomar, Panxón acollerá o único acto público da súa axenda, para conmemorar o día das letras galegas, adicado este ano ao pensador e empresario Valentín Paz Andrade. 

 
Posted: 18 May 2012 03:48 AM PDT
coro-breogan-l-tobio
Mais, sos os ignorantes,

E férridos e duros,
Imbéciles e escuros
Non nos entenden, non.
Din que os ecos das verbas de Valentín aínda retumban por todo o Val. Que a interpretación do himno de Pondal e Veiga feita por Cantares do Brión aínda estremece aos paisanos por tódolos recunchos do país. Din as fontes, que O Galiñeiro e A Groba, emocionados, se encargaron de espallar o seus ecos pola patria en diante. O concello de Gondomar latexou co Día das Letras Galegas. E a taquicardia foi tan grande que diáspora miñorana polo mundo sen dúbida sentiu a aperta que os irmáns da terra nai estábanlle a dar.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario