16 de maio de 2012

GALICIA

Guillerme: "A demisión do Valedor do Pobo debería terse producido hai tempo"


TELEBNG

A preguntas dos xornalistas sobre a dimisión do Valedor do Pobo, Guillerme considerou que "era necesaria". Lembrou que "o BNG xa esixiu a súa dimisión cando tomou posición claramente contra o idioma galego". 

Ademais, Guillerme afirmou que "hoxe el mesmo expresa nunha carta pública porqué tiña que dimitir". 

O portavoz nacional do BNG valorou como positiva a dimisión de Benigno López pero considerou que "se debería ter producido moito antes".

Ningún comentario:

Publicar un comentario