11 de mar. de 2012

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DE CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA SE LLE FACILITE DOCUMENTACIÓN DO PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA


Na derradeira xuntanza do Padroado Municipal do Monte de Santa Trega celebrada o día 09 de Febreiro deste ano, no debate do PUNTO 5, DAR CONTA DO INFORME DE SECRETARIA SOBRE A MODIFICACION DOS ESTATUTOS DO PADROADO MONTE SANTA TREGA, no textualmente se dí: A Secretaria explica que estivo facendo consultas no arquivo, e que ATOPOU UNHA ACTA DA XUNTA RECTORA, dos anos 90 no que tomou posesión como membro da mesma a ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS; OUTRA ACTA na que se vota a inclusión da IRMANDADE DO CLAMOR e outra na que a Secretaria de entón explica que a admisión dos novos membros foi acordada no Pleno do Concello, a través dunha modificación dos Estatutos e que foi sometida a tramitación legal esixible. Continúa a Secretaria dicindo que como as ACTAS do PLENO do CONCELLO NON ESTAN INFORMATIZADAS debería buscar no arquivo ese ACORDO de modificación dos ESTATUTOS do PADROADO, e tratar de conseguir a publicación no B.O.P.

Dado que é de suma importancia coñecer os pasos dados para a incorporación de distintos membros dende a constitución do PADROADO MUNICIPAL MONTE DE SANTA TREGA, así como tamén do cumplimento de toda a tramitación legal para a participación e votación de ditos membros, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar se nos facilite a seguinte documentación:

** Copia da Acta de incorporación da Entidade Local Menor de Camposancos.

** Copia da Acta de incorporación da Irmandande do Clamor.

** Copia do Acordo Plenario sobre a Admisión dos novos membros e modificación de Estatutos.

** Copia da publicación no Boletín Oficial de Pontevedra da incorporación dos novos mebros e modificación dos Estatos do Padroado Municipal Monte de Santa Trega.

A Guarda, a 8 de marzo do 2.012


Beatriz Estévez Álvarez



Sr. Presidente do Padroado Municipal do Monte de Santa Trega (A Guarda)

Ningún comentario:

Publicar un comentario