12 de mar. de 2012

PONTEVEDRA

O MUSEO DE PONTEVEDRA ACOLLERÁ DO 26 DE ABRIL ATA O 15 DE XULLO A MOSTRA "MOTOS HISTÓRICAS. CEN ANOS SOBRE RODAS"

Está formada por 58 motos de 20 marcas fundamentaisna historia do motociclismo dendefinais do século XIX ata finais do XX

A Deputación de Pontevedra orgaiza a exposición "Motos históricas. Cen anos sobre rodas", que terá lugar no edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra entre o 26 de abril e o 15 de xullo de 2012.

Na mostra presentaránse 58 motos - dun total de 131 - da colección de motos históricas pertencentes ó coleccionista de Gondomar (Pontevedra) Manuel Gómez González.

As motos que se exporán, que representan un total de 20 marcas fundamentais na historia do motociclismo, abarcan cronoloxicamente dende finais do século XIX ata finais do XX.

Entre as pezas máis salientables da mostra, figura un dos primeiros triciclos realizados en serie por De DionBouton en 1897, unhaGriffon de 1902, ouunha Monet Goyon de 1922 que resolvía, condicionada pola súa escasa potencia, o uso do sidecar fabricándoo cun material tan lixeiro como o bimbio.

Namostra do Museo de Pontevedra poderánse tamén contemplar as míticas Harley Davidson e Indian - sempre en competencia perante toda a primeira guerra mundial -, a FN Sahara - a primeira moto que foi capaz de cruzar o deserto do Sahara en 1927 -, e máquinas de marcas españolas tan emblemáticas como Montesa, Ossa ouBultaco.

Pezas únicas no mundo

A colección de Manuel Gómez mostrará tamén 13 motos monocilíndricas que completan esta serie, única no mundo, saidas da fábrica bávara BMW. Dentro desta serie, destaca a BMW R 39, a primeira moto monocilíndrica fabricada por esta marca para competición e das que hoxe sólo están catalogadas tres máis en todo o mundo.

Todas estas pezas excepcionais que se exhibirán, están completamente restauradas polos coleccionistas e o seu equipo e suporán unha ocasión única para contemplalas no Museo de Pontevedra do 26 de abril ata o 15 de xullo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario