A DEPUTACIÓN ORGANIZARÁ CURSOS FORMATIVOS EN ATENCIÓN Ó TURISTA CON DISCAPACIDADE E INTRODUCIRÁ NOS FOLLETOS AS PROPOSTAS QUE OS BECARIOS DAS OFICINAS RECOLLEN DOS PROPIOS VISITANTES
Turismo Rías Baixas continuará traballando na mellora da sinalización
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, acompañado polo presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, e polo coordinador do Padroado de Turismo, Ernesto Santiago, mantiveron unha xuntanza de traballo con máis de 50 bolseiros/as que traballan ou traballaron este ano nas distintas oficinas de turismo da provincia de Pontevedra. Esta reunión tiña por obxecto repasar a actividade realizada, así como recoller as principais demandas e carencias que os turistas ou os propios profesionais detectan para tratar de corrixilas e mellorar a calidade do servizo que se ofrece.
Trala xuntanza mantida, o presidente da Deputación manifestou a súa intención de poñer en marcha dous cursos formativos para as próximas 66 bolseiros/as que traballen nas distintas oficinas de turismo a través da Deputación. Un curso ou actividade formativa estará relacionado coa atención do turista e o outro coa atención ó turista con discapacidade. Sobre este respecto Louzán pretende “ que dispoñamos dun persoal perfectamente cualificado para atender ás persoas con calquera tipo discapacidade, especialmente na comarca do Salnés onde coa construción das Pousadas 100% accesible se espera no futuro a chegada dun importante número de turistas con este perfil.
Tamén a Deputación, segundo explicaron Louzán e Figueroa, seguirá traballando en mellorar a sinalización; e revisará os folletos informativos introducindo certos cambios propostos polas becarios/as de turismo atendendo as demandas que os turistas lles reclaman diariamente. Así, por exemplo, os novos folletos que se impriman recollerán un mapa no que Galicia e ás Rías Baixas queden perfectamente identificadas e situadas. Así mesmo, a Deputación tratará de condensar a información co obxecto de poder imprimir o mesmo folleto, como mínimo, en Galego, Castelán e Inglés, en lugar de imprimir un folleto por cada idioma.
Por outra banda, tanto as bolseiras como os responsables de Turismo Rías Baixas manifestaron a necesidade de que a empresa privada se implique con un sector que pode estar sendo “a primeira empresa da provincia” en canto á xeración de recursos económicos. Neste caso, puxeron como exemplo a oficina de Turismo de Lalín onde existe un convenio con Ouro Verde para ter aberta todo o ano este recurso.
Sobre este asunto, moitas becarias manifestaron a necesidade de potenciar a figura dos técnicos en turismo que “non so están preparados para ofrecer información ó turista de sol e praia”, senón que teñen a capacidade de “deseñar en colaboración cos concellos un programa turístico para todo o ano”.
Tanto Louzán como Figueroa, e como Santiago consideraron primordial “a implicación das entidades públicas e privadas, a unión de esforzos e a coordinación de todas as administracións para ofrecer unha información coherente e de calidade. Concretamente, tomando como base as demandas das técnicas os responsables de Turismo Rías Baixas programarán outras xuntanzas de traballo por exemplo para coordinar os horarios de apertura de pazos, adegas, ou de determinados museos de xeito que as becarias poidan ofrecerlle ó turista alternativas e que se, por exemplo, desexa visitar un determinado lugar non o atope pechado.
Outras das demandas plantexadas polas becarias foi a relativa ó transporte público xa que as empresas non lles facilitan en ocasións a información necesaria sobre os horarios e os medios de transporte existente.
Esta xuntanza serviu tamén para recopilar as demandas das propias becarias nunha enquisa que se lles entregou co obxecto de mellorar as bases que sacará a Deputación de cara á contratación das vindeiras bolseiras.

Ningún comentario:
Publicar un comentario