18 de out. de 2011

O ROSAL

JUAN ESTEVEZ E BORJA RODRIGUEZ GAÑADORES DO I RALLY DO TAMUXE "SCALEXTRIC"

Juan Estévez - no centro da imaxe - Campión do Rally do Tamuxe, 2011


Informa (Fotografías e texto): Jorge Cardoso Mariño / San Miguel


O sábado dia 15 de outubro celebrouse a primeira edición do Rally do Tamuxe na modalidade de scalextric, duas categorías menores de 14 anos e maiores de 15 anos, unha modalidade de rally abráiase pola mañá con entrenamentos libres para a posta a punto dos vehículos participantes e xa pola tarde a competición en tres tramos clasificativos, a suma dos tempos daría os pases a final.
Pasadas as cuatro da tarde empezaba a competición os rapaces menores de 14 anos abrindose o primeiro tramo denominado "As Aceñas" no cual mais rápido era Alfonso Capón con un Aston Martin o cual dominaría nos restos dos tramos tanto no seguinte "O Muelle" como o terceiro "A Canosa" pasando a final acompañado de Borja Rodríguez e Daniel Torres.

No sector final da tarde o rally cambiaría e pasaría a dominalo e sendo campeón Borja con un Seat 124 sendo dominador de principio a fin dándolle a volta a clasificación es alzándose co triunfo sacandolle o final 4,90 segundos sobre Alfonso Capón e 10,99 sobre Daniel Torres pilotando outro Aston Martin
Unha vez terminada a primeira pasada dos menores de 14 empezaba o prato forte co a participación dos maiores unha participación de cinco pilotos experimentados da zoa de Vigo e Porriño os cuais teñen moitas táboas en campeonatos rexionais.
Comenzaba no tramo "As Aceñas", un tamo moi revirado e onde tiña realmente unha parte moi importante a técnica con cruces de rail e curvas de 90º onde o mais rápido era Juan Estevez co tempo 55,54 segundos pilotando un Citroen Xsara WRC seguido moi cerca do outro Xsara WRC de Daniel Barreras 2,42 segundos e o Seat 131 de David Monteiro a 3,05 segundos.


O xoven Borja, campión do Relly do Tamuxe, 2011, categoría Infantil

O segundo tramo "O Muelle" tamen moi técnico e revirado e onde os tempos entre os dos primeiros serian moi xustos, o primeiro en clasificarse era o Seat 131 de Monteiro seguido do Xsara de Estevez a 0,14 segundos e o tamen Xsara de Barreras a 2,67 segundos, eran os pilotos mais fortes e ata o final de competición estarían pelexando.
O tramo "A Canosa" era o tramo mais rápido de todos e onde se meterían na pelexa os outros participantes como Juan Martinez un piloto do Rosal que competía con un Seat Córdoba WRC, e Alaia Fernandez a única muller que participaba no evento con un Subaru Impreza os cuais perdían sobre o Juan Estevez 0,19 e 2,85 segundos respectivamente detrás de Monteiro que seguía dominando esta segunda parte do rally co seu Seat 131.
Asi terminaba a primeira parte do Rally o cual se clasificaban para o sector final os 6 pilotos mas rapidos según a suma dos tempos:


NOME..........................COCHE ........................ TOTAL
DAVID MONTEIRO.....SEAT 131.......................147,7420
JUAN ESTEVEZ..........XSARA WRC ....................1,4480
JUAN MARTINEZ.......CÓRDOBA WRC .............6,6830
DANIEL BARRERAS...XSARA WRC...................10,5090
DAVID BARRERAS.....FORD FOCUS WRC .......11,1180
ALAIA ALVAREZ........SUBARU IMPREZA........16,6730


Daba comezo o segundo sector e final para decidir que seria o gañador do rally, saía moi forte no tramo "As Aceñas" abrindo pista Monteiro pero por detrás un Juan Estévez impresionate ía a dar un golpe enriba da mesa meténdolle neste tramo 2,10 segundos poñéndose líder do rally a falla de dous tramos para o final con unha ventaxa de 0,652 segundos, o terceiro neste tramo ia ser o piloto rosaleiro Juan Martínez a 2.83 segundo de Juan Estevez e seguía mantendo a terceira posición na clasificación xeral.
Na segunda pasada por "O Muelle" íanse dar moitas sorpresa, entraba en escena Daniel Barreras co Xsara WRC facéndose co tramo con unha diferencia sobre Monteiro de 0,39 segundo e sobre Juan Estevez de 0,42 segundo que empezaba a facer un pilotaxe mais controlado sabendo da súa diferencia e de que o último tramo non ía a marcar moitas diferencias salvo un erro, o que sí tiña erros e Juan Martinez o rosaleiro tiña varias saídas de pista e perdía o terceiro posto da xeral para beneficiarse Daniel Barreras.
Chegabamos o último tramo con diferencias moi cortas entre o primeiro e segundo había 0,62 segundos e entre o terceiro e o cuarto había 0,88 segundos e volvíamos a "guerra" pero de novo Barreras con seu Xsara WRC volve a marcar o mellor tempo seguido de Monteiro a 1,52 segundos e a 1,73 segundos marcarían o mesmo tempo Juan Martínez e Juan Estévez o cual se faría como primeiro campeón do Rally do Tamuxe de Scalextric
CLASIFICACION FINAL DO RALLY DO TAMUXE

NOME..........................COCHE....................TOTAL
JUAN ESTEVEZ ..........XSARA WRC............296,2780
DAVID MONTEIRO .....SEAT 131.......................0,4120
DANIEL BARRERAS....XSARA WRC...............10,7970
JUAN MARTINEZ .......CORDOBA WRC .........11,6430
DAVID BARRERAS .....FORD FOCUS WRC ....25,1740
ALAIA ALVAREZ .........SUBARU IMPREZA.....58,2270

Ningún comentario:

Publicar un comentario