A Alcaldesa de Tomiño e o Responsábel comarcal do BNG no Baixo Miño candidatos ao Congreso e ao Senado respectivamente
Infogauda / Baixo Miño
A alcaldesa de Tomiño Sandra González será a número dous do BNG pola provincia de Pontevedra ao Congreso dos Deputados nas próximas eleccións xerais. Pola súa parte o responsábel comarcal do BNG no Baixo Miño, Xosé Manuel Méndez será candidato ao Senado.
En declaracións aos medios de comunicación Sandra González manifestou, “O BNG é unha alternativa útil para unha nova política financeira, laboral e fiscal que tanto precisamos, pero para que isto sexa posible -dixo- é necesario que o BNG poda defender Galiza na política estatal. Noutro momento da súa intervención a Alcaldesa nacionalista expresou a súa confianza en que a cidadanía vai premiar ao BNG nestas eleccións porque a xente sabe que alí onde gobernamos traballamos arreo para solucionar os seus problemas”.
Pola súa parte Xosé Manuel Méndez fixo fincapé en que “máis que nunca é preciso fortalecer a presenza do nacionalismo galego no Congreso e no Senado. O BNG ten unha dobre utilidade, por un lado representa a defensa dos intereses galegos en Madrid e polo outro representa a defensa das maioría da sociedade fronte as políticas caducadas do bipartidismo español entregados en corpo e alma a defensa dos especuladores e dos banqueiros”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario