18 de out. de 2011

GOIÁN

O C.E.I.P. “Pintor Antonio Fernández” de Goián non cumple coa normativa eléctrica e fai “cola”, esperando solucións.

Claudia Valeria Mendez / Presidenta da ANPACEIP "Pintor Antonio Fernández" / Goián




A directiva da ANPA do CEIP “Pintor Antonio Fernández” de Goián, quere dar a súa noraboa á comunidade educativa do CEIP “Pedro Caselles Beltrán” porque por fin a autoridade pertinente deu ouvidos ás súas reivindicacións. Tamén é o noso desexo que dita autoridade pertinente escoite as reivindicacións dos demáis centros de ensino do noso concello.
E como cada un sabe as súas, esta ANPA fala polo CEIP “PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ” que ao igual que noutros colexios do Concello de Tomiño, recibíu unha evaluación moi desfavorable nas últimas inspeccións do sistema eléctrico.
Ditas evaluacións, realízanse cun intervalo de seis meses, por orden da Consellería de Industria. Neste prazo, se a evaluación mostra que hai algún problema no sistema eléctrico, Educación debería nos seguintes seis meses solucionalos. Tras varias evaluacións desfavorables en anos anteriores, Educación segue sen correxir deficiencias.
Informe tras informe, a calificación foi empeorando ata chegar á última con data de xullo de 2011, cun resultado NEGATIVO, que é o grao máximo de deterioro.
Se de seguridade dos nenos e docentes se fala, tódolos puntos son importantes; dende un cuadro eléctrico con interruptores sen identificar, ata a inexistencia do alumeado de emerxencia.
Como é posible, que nos tempos que corren, cun colexio careza de plan de evacuación, porque parte do sistema eléctrico está obsoleto ou porque na pranta alta non existan luces de emerxencia? Ademáis de varios interruptores magnetotérmicos con características descoñecidas, polo que se descoñece se existe protección contra sobrecargas nestes circuitos.
A maiores neste centro, impártense dous cursos (6ºA e 6ºB), no edificio vello que ten máis de 50 anos, onde NON se realizou a INSPECCIÓN TÉCNICA DE ELECTRICIDADE. A saber como estará!! O que si sabemos é que no inverno se se conecta o radiador marcha a luz. Para que logo digán que pedimos “chalets con jacuzzi”. A mesma situación repítese no edificio onde está Educación Infantil.
¿A quen lle compete arranxar esta situación? E non queremos ser a pelota que se pasan uns aos outros. A situación do noso centro non ven de cinco anos para atrás, fai moito MAIS tempo.
A comunidade educativa deste centro: alumnos, docentes, directivos e pais dos nenos, pasaron por tódolos medios burocráticos pedindo ao Xefe Territorial de Educación, que faga frente ás deficiencias que se están denunciando, tanto eléctricas como de infraestructura. Parece mentira que se teña que chegar ao extremo de que ocorra un “accidente” para que a situación cambie.
Poderíase expoñer unha longa lista puntualizando cada un dos fallos do sistema eléctrico e dos informes antes mencionados , pero no punto en que nos atopamos, apelamos á conciencia de aqueles que toman as decisións sobre O QUE É PRIORITARIO para que un colexio funcione na legalidade, en condicións dignas e cuns servicios mínimos obligatorios.

Estamos seguros, que somos os seguintes da cola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario