Presentaron unha Proposición non de lei no Parlamento, varias preguntas e unha iniciativa no concello
Alonso Pereira: “Non toleraremos máis recortes nos servizos públicos no Rosal”
Infogauda / O Rosal
O BNG presentou no concello, unha iniciativa para que este se dirixa á Consellaría de Sanidade, reclamando que se cubra a praza da médica titular do consultorio de San Miguel, nos días que falte por razóns de enfermidade.
Así mesmo, presentaron no Parlamento tres preguntas e unha Proposición non de lei, a través da deputada Carme Adán, nas que, por unha banda preguntan polos plans de futuro da Xunta a respecto desta consulta e se ten previsto cubrir a baixa por enfermidade da médica, e por outra, instan a Xunta ao mantemento deste consultorio médico.
Segundo indican os nacionalistas, na parroquia de San Miguel de Tabagón (O Rosal) existe un consultorio médico que atende os veciños e veciñas das parroquias de Eiras, San Xoan de Tabagón e os da propia San Miguel, ademais doutros de todo o concello. A médica titular desta consulta está enferma e ten faltado durante varios días ao seu traballo durante o pasado mes de setembro. Este luns 3 de outubro tampouco se atenderon os pacientes por falta dun substituto. Segundo puido saber o BNG, esta situación vai persistir, pois é posíbel que a enfermidade da médica teña continuidade no tempo.
No Centro de Saúde do Rosal non os atenden por non ser pacientes dos médicos alí adscritos. O voceiro nacionalista no concello, Alberte Alonso Pereira, indica que “moitos pacientes que teñen cita para que se lle expidan receitas, que teñen consultas de enfermidade, ou que teñen que renovar partes de baixa e que lle coincide cos días en que non está a médica, teñen que regresar ás súas casas sen ser atendidos”, o que lles causa prexuízos e problemas. Outros, en caso de situacións máis graves, teñen que desprazarse as urxencias “que son atendidas no PAC da Guarda”.
Segundo o BNG, esta situación está creando un malestar máis que razoábel na veciñanza, pois non teñen maneira de que lles expidan as receitas, nalgúns casos necesarias por precisar tratamentos para enfermidades crónicas, outros porque non poden ser atendidos das súas doenzas, e outros mesmo por non poder xustificar as súas baixas de enfermidade diante das empresas.
Engade Alonso Pereira, que este é un novo episodio no deterioro da Sanidade Pública en xeral e no Rosal en particular, despois da supresión da praza de comadroa, que en base a unha falsa “austeridade”, o PP o que fai é recortar servizos esenciais para os cidadáns. Así mesmo indica que, os veciños temen que Sanidade tente centralizar todas as consultas médicas no Centro de Saúde, o cal suporía un prexuízo para a veciñanza das parroquias de Eiras, a de San Xoán e a de San Miguel de Tabagón.
Os nacionalistas anuncian que “non tolerarán máis recortes nos servizos públicos no Rosal”, e que farán todo o que este na súa man para mantelos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario