A PELEXA POLOS SALARIOS: PARTE I

Este pleno [de onte venres 8 de xullo de 2011], da moito que falar e que pensar, por iso será preciso que escriba máis dunha nota.
Foi patética a actuación e a pelexa ao estilo dunha poxa de festas patronais á que asistimos, poxa que por outra banda deixou ás claras os pactos e reviravoltas que uns e outros están dispostos a facer para seguir ostentando poder ou obtelo. Todo parece valer para algúns dos nosos edís.
Non lles vin pelexar por necesidades do pobo, nin pola taxa de paro que temos, nin pola crise. Só lles resulta transcendental seguir gañando avultados cartos, que sumados a comisións e outras herbas, non quedan nas cifras ás que fan alusión, senón a moito máis diñeiro.
Teñen a desvergoña de dicirnos que non chegan a acordos por 16€ ao día, cantidade ao parecer ínfima para eles, 16€ que se son tan pouco como para que BNG tivese que ceder, tamén serían pouco para que cedesen os do PSOE, ou é que non é a mesma cantidade dependendo de quen se trate?
Señores concelleiros do PSOE e BNG: Déstedes pena coas vosas palabras. Falades de cantidades como 20 ou 25 mil euros coma se falásedes de area do Carreiro. Con esas cantidades hai familias que terían os seus problemas laborais resoltos, e vós banalizando polos vosos salarios?
Se é verdade que gañades menos que nos vosos respectivos postos de traballo (cousa que non se cre nin o can bobo do meu veciño), vos desafío a que o demostredes retornando á vosa labor anterior, ou é que queda moi bonito en palabras, pero que na realidade contante e sonante, non nos referimos a un salario de 14 pagas anuais, senón a moitas outras máis remuneracións e amizades que noutro sitio non teríades.
Para algúns de vós, aínda as pagas mínimas serían demasiado, xa que por máis que nos queiran dicir que aforraron e traballaron ata o hartazgo, cantas persoas semianalfabetas coñecedes que gañen o que vós lles pagades co noso diñeiro?

Cantos coñecedes que estean en postos de traballo para os cales non están capacitados nin mínimamente?
Cantos que en empresas privadas adíquense a catar albariños e a usar coches oficiais para fins persoais e ademáis reciban retribución?
Hai xente neste pobo realmente preparada, que ou non ten traballo ou que debe traballar no que atope e por moitísimo menos diñeiro, mentres que temos concelleiros sen preparación algunha que por ir no medio dunha lista e ser chulos de barrio estánse forrando á nosa costa e por riba quérennos vender que son máis que fantásticos.
Meditade ata o próximo pleno se é que tedes capacidade polo menos para iso.

ZZZ...MOSQUITO CAPÓN
Es más que patético. ¡¡Vaya espectáculo!!. Estos "pedigüeños" son el no va más. Y esto, a pesar de estar en minoría, y tal como ya anticipé, no saben corresponder con tal posición, su prepotencia y arrogancia, les hace creerse que están en mayoria absoluta... ¡No saben ni contar!.
ResponderEliminarLa fotografía de Faro de Vigo, es todo un poema... sólo les faltan las lágrimas.
Sr. Alcalde, ¿porqué tiene la oposición -con mayoría además- que formar gobierno?... mejor, si ustedes no están de acuerdo con lo que les ofrecen, váyanse a sus anteriores puestos de trabajo, y exponganse a que les coja un ere. No creo que les echen de menos los ciudadanos. Se ve que estan mal acostumbrados, porque tenían la sensación de que este "puestito" o "carguito" era de por vida. ¡No se deben olvidar, que están recogiendo lo que han sembrado!. Y cómo valer -aunque ellos se echan flores-, no valen ni siquiera como oposición!. ¡Hay pena, penita, pena!.