11 de mar. de 2011

O ROSAL

CANTO PARA A VENDIMA DO ROSAL

É O Rosal desde tempos inmemorables, terra de gran tradición vitivinícola. Cepas, esteos, parras, espalleres, ..., forman parte da súa paisaxe. Na actualidade son moitas as hectáreas as que ocupan os viñedos, sendo grandes adegas, convertidas en empresas, as que elabouran e dan a coñecer, nacional e internacionalmente, o viño do Rosal. Pero aínda non hai moitos anos, toda familia rosaleira tiña nos lughares das súas casas ou en pequenas parcelas, algunha plantación de viña coas típicas clases que dan aroma, cor e sabor, ó viño branco do Rosal: treixadura, albariño, caiño e loureiro. Tamén era moi normal atoparse cunha pequena adega familiar con típicos utensilios necesarios para elaborar o viño: prensa, degranadora, barriles, encorchadora, etc. Toda familia tiña algunha pipa de viño branco ou tinto para tomar na comida, convidar os visitantes e regalar.

As xentes rosaleiras adicaban gran parte do seu tempo a podar, atar, sulfatar, desnetar, e por suposto vendimar!!!... Unha parte importante da vendima era a merenda, esa festa que se facía darredor do traballo, pois estas labores do campo servían como xuntanza de familias, amigos e veciños, para traballar e tamén comer, pero sin esquecer nunca a diversión.

Todo isto para moitos só forma parte dun recordo, pero por sorte, hai familias que siguen mantendo vivas estas tarefas e continuan disfrutando desta realidade.

BERTA CASTRO GONZÁLEZ





Carroza do Entroido, das Pandereteiras Río do Folón, de Fornelos
Canto para a vendima do Rosal

Este cantar da vendima
Este cantar vendimeiro,
Este cantar da vendima
É un cantar rosaleiro.

Vendima vendimadora
Na vendima do Rosal,
Vendimade e comer uvas
Que outra cousa non vos hai.

Bota viño taberneiro
Bota viño do Rosal,
Bota viño taberneiro
Que é do mellor que hai.

Treixadura, albariño
Caíño e tamén loureiro
Fan que O Rosal teña un viño
Famoso no mundo enteiro.


Vendima vendimadora
Vendima uvas pra cesta,
Que ó acabar a vendima
Faremos una gran festa.

BERTA CASTRO GONZÁLEZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario