12 de mar. de 2011

A GUARDA

O BNG considera preocupante a situación actual do Ferry A Guarda-Caminha

O BNG ven reclamando que se tomen medidas para que o servizo do ferry siga sendo unha realidade

Infogauda / A Guarda
O Bloque Nacionalista Galego está profundamente preocupado polos problemas de calado que están afectando ao funcionamento regular do transbordador entre A Guarda – Caminha.
A suspensión parcial do servizo está sendo unha constante. Durante esta semana tense producido todos os días a iso do medio día, co cal afecta de xeito serio ao horario do servizo, cos trastorno que iso xera aqueles que queren utilizar esta vía de comunicación fluvial.
Segundo expertos as previsións non son mellores dado que para a Semana Santa, debido a natureza das mareas, as paradas poderían ser máis prolongadas.
Esta situación ven dada pola falta de medidas para a habilitación da canle de navegación da embarcación que ten que dar o servizo entre A Guarda e Caminha.
O BNG ven reclamando que se tomen medidas para que o servizo do ferry siga sendo unha realidade, habilitando medidas de dragado compatíbeis coa actividade dos pescadores do río Miño e sen descoidar a riqueza ambiental da zona, co caso omiso das administracións públicas.
“As diferentes reclamacións que dende o BNG temos realizado, chocan coa laxitude do Concello, co pasotismo do Goberno central e a total inhibición da Xunta; deixando claro ao pobo da Guarda cal é o interese destas administracións no mantemento do servizo” comentou Xan Lois, portavoz municipal do BNG na Guarda.
O BNG segue a un compromiso firme e real por parte das administracións públicas tal é como ven reclamando a formación nacionalista dende bastante tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario