30 de xan. de 2011

VILA NOVA DE CERVEIRA

OS TEIXUGOS PARTICIPARON NA TAÇA IBÉRICA DE SLALOM

Fotografía: Rosa Fernández

Rosa Fernández / Vila Nova de Cerveira

Este domingo Os Teixugos participaron na súa primeira competición da tempada 2011. O evento foi organizado polo concello de Tomiño, a Cámara de Vilanova de Cerveira e o Club Deportivo Miño-Teixugos. O evento deportivo tivo lugar en Covas (Vilanova de Cerveira) e participaron clubs galegos e portugueses.

A xornada non saíu segundo os plans iniciais, pois recén comezada cortouse o subministro de auga, despois de falar cos responsables o fluxo de auga normalizouse pero a competición reduciuse a unha soa manga das tres previstas. O remate, dous clubs portugueses acadaron a 1ª e a 2ª praza, quedando Os Teixugos no 3º lugar por equipos.

Individualmente Os Teixugos viñeron cunha medalla de ouro en C2 para Iago Patiño e Santiago Oliveira; cinco de prata para Andrea González, Adrián Rodríguez, Guillermo Martínez, Víctor González e Emilio Carrera; e tres de bronce para Andrea González e Miguel Valcárcel que se fixo con dúas.


A vindeira cita será no Entroido en Francia onde terá lugar a 1ª Competición do Campionato de España de Slalom Olímpico para Os Teixugos de categorías superiores. Os máis pequenos estrearanse no río da Pedra o 13 de marzo coa primeira competición da Liga Galega de Promoción, na que se renderá unha homenaxe a David Castro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario