OBRAS DE REHABILITACIÓN DA CASA CUARTEL DA GUARDA CIVIL: EXISTEN VARIAS INTERROGANTES QUE ALGÚNS DEBERÍAN CRAREXAR
- Contaron con un orzamento de 835.810,00 euros, que non deberon ser suficientes porque o patio interior continúa sen pintar
Con un investimento previsto de 835.810 euros – outra cousa foi o investimento real, que algúns deberían te-la dignidade de xustificar documental e públicamente -, e unha previsión - xuño de 2010 – como remate das mesmas; ás obras de “rehabilitación da casa cuartel da Guarda Civil de A Guarda”, promovidas polo Ministerio do Interior, non deixan de resultar, cando menos un chisco enigmáticas. Porque xa nos dirán como se pode entender que a día de hoxe, mediados de xaneiro de 2011, cando ás obras levan tempo rematadas – é un decir, como logo veremos – é as dependencias provisorias da Guarda Civil continúan estando no veciño concello do Rosal.
Tamén quixéramos que algúns bustos parlantes – máis ben deberíamos denomima-los bustos mudos – tivesen á iniciativa – que deica agora non tiveron – de presentar formalmente ás oportunas preguntas parlamentarias dirixidas o Goberno de España para que de xeito urxente sexan respostadas con detalle, entre outras, ás seguintes cuestións:
1ª.- Cal foi o investimento real que conlevaron ás obras de “rehabilitación da Casa cuartel da Guarda Civil de A Guarda (Pontevedra)”.
Tamén quixéramos que algúns bustos parlantes – máis ben deberíamos denomima-los bustos mudos – tivesen á iniciativa – que deica agora non tiveron – de presentar formalmente ás oportunas preguntas parlamentarias dirixidas o Goberno de España para que de xeito urxente sexan respostadas con detalle, entre outras, ás seguintes cuestións:
1ª.- Cal foi o investimento real que conlevaron ás obras de “rehabilitación da Casa cuartel da Guarda Civil de A Guarda (Pontevedra)”.
2ª.- En caso de que non fose investida á totalidade do orzamento previsto – 835.810,00 euros -, se indique a que foi adicada a diferenza orzamentaria correspondente, porque segundo consta nos medios de comunicación “a rehabilitación das instalacions policiais de A Guarda, custaron 584.172,73 euros”.
Onde están os 251.637,27 euros de diferenza?
3ª.- Porqué razón – se é que a hai, que dubidamos que realmente exista – a día de hoxe os efectivos da Guarda Civil adscritos o acuartelamento de A Guarda (Pontevedra) continúan desenvolvendo súa labor nunhas dependencias temporais cedidas polo Concello do Rosal, perxudicando a este concello – xa que por iso tivo que suspender varias actividades previstas nesas dependencias – e tamén os veciños da Guarda, que sen motivo xustificado algún, aínda teñen que desprazarse até O Rosal para calquer xestión que sexa competencia da Guarda Civil.
Porqué o grupo municipal maioritario, chamado de goberno, do concello de A Guarda, non espricou á cidadanía, que xestións fixo – que dubidamos que fixera algunha – para que os efectivos da Guarda Civil pertencentes a casa cuartel de A Guarda, presten, canto antes súa labor, no acuartelamento sito no Paseo de Portugal, nº 25?
4ª.- Cómo se pode entender que con un orzamento de máis de 835.000,00 euros, o patio da casa cuartel da Guarda Civil de A Guarda (Pontevedra), esté a día de hoxe sen pintar?
Tamén habería que engadir esta outra: Cómo se esprica que segundo verbas do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfín Fernández, que calificou “de gran envergadura” ás obras de “rehabilitación da Casa cuartel da Guarda Civil de A Guarda”, e sendo A Guarda Concello de Interese Turístico Galego, o grupo chamado de goberno municipal non haxa dito – que se saiba - esta boca é nosa, e “traguen” coa incalificable situación que desde fai máis de 7 meses está dándose.
O mesmo habería que decir do delegado do goberno en Galicia, Antón Louro, que sen rubor de ningún tipo, somentes dixo que "hai problemas para cuadrar axendas" para fixar unha data para á inauguración. Porque iso sí, como cabe agardar, haberá inauguración. Faltaría máis!
E case podemos facer unha doada previsión: A inauguración será antes das vindeiras eleccións municipais de maio de 2011.
Visto o visto, mália o seu discurso demagóxico, para algúns politiquiños o importante non é o servizo á cidadanía. Ese é o médio, o fin é outro.
O que a algúns lles interesa é á rendabilidade electoral. E logo... a disfroitar! Que son catro anos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario