16 de xan. de 2011

CINEMA GALEGO

36/75

De Xurxo González Rodríguez



chanfreiros

Documental de Xurxo González que leva por título "36/75". Un mediometraxe que afonda no polémico concepto da memoria histórica. Neste punto a proposta é evidenciar un posicionamento do presente sobre acontecementos do pasado ilustrando o que dixo no seu día J. M. Straub: "Facer que pedras sexan coma palabras e as palabras coma pedras".
A pesar de que o título pode confundir en que se trata dun documental sobre a Guerra Civil española ou sobre a Dictadura, esta película vai alén diso e intenta amosar ao espectador a dificultade de lembrar, o mecanismo de selección de recordos, a natureza esquecemento, a instrumentalización política da memoria, a fraxilidade da lembrazas, a convivencia co pasado, o proceso rememorativo, a escritura tendenciosa da Historia, a resistencia documental e da emerxencia do carácter fantasmal do cinema.
Este filme foi rodado durante un feito histórico destacado na historia contemporaneidade de Galicia: as Eleccións de 2009. "36/75" é unha serie de sucesións de espazos do presente que tiveron a súa importancia porque neles sucederon episodios que marcaron o inicio da Guerra Civil no Concello da Guarda. Para asegurarse a maior exactitude histórica o director contou coa colaboración de J. A. Uris e Luís Cividanes.
O filme está dedicado de maneira póstuma ao guardés Manuel Domínguez Pacheco "Taxota", grande loitador pola memoria histórica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario