29 de set. de 2010

O ROSAL

PEREGRINACIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA


Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
Un pequeno grupo de peregrinos do Rosal e A Guarda saíron ben cedo o pasado luns 27 de setembro dende a Praza do Calvario para realizar o Camiño Portugués dende Tui ata Santiago de Compostela.
Nesta actividade, que está organizada polo concello rosaleiro, os camiñantes pernoctarán nos diferentes albergues existentes na ruta, para chegar o venres 1 de outubro á cidade do Apóstolo.
ÚLTIMAS PRAZAS EN CURSOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO
PILATES
Aínda quedan dúas prazas libres para o curso de Pilates organizado pola OMIX do Rosal. Dito curso dará comezo o luns 4 de outubro.
Horario: luns e mércores de 20-21 horas.
Lugar: Centro Social Polivalente.
Prezo: 24 euros mensuais (de outubro a xuño).

XIMNASIA DE MANTEMENTO
Tamén quedan prazas para o curso de Ximnasia de Mantemento, que se realiza no Pavillón da Mata os martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas.
O seu prezo: 17 euros mensuais (tamén de outubro a xuño do ano que vén).

Ningún comentario:

Publicar un comentario