O VII RALLYE OURENSE BAIXA LIMIA TRAE A OURENSE AOS MELLORES PILOTOS DO CAMPIONATO GALEGO
Infogauda / Ourense
Os concellos da Baixa Limia serán protagonista os vindeiros días 1 e 2 de outubro da VII edición do Rallye Ourense Baixa Limia, proba que conta co patrocinio da Deputación de Ourense, e que hoxe foi presentada na institución provincial.
O director do rall ye e presidente de Ourense Motor Sport, Angel Saa “Lito”, dixo que un dos alicerces da proba “é que se vai decidir nesta carreira o campión galego, ademais doutras copas competitivas”. Lito destacou que hai 87 inscritos e que o rallye conta cun presuposto de 62.000 euros “sensiblemente inferior a outros anos e a outras probas automobilísticas, pero, aínda así, non baixamos nin en calidade nin e espectacularidade”.

O rallye vaise disputar nun percorrido de 321 quilómetros (dos cales 96 son cronometrados), e percorrerá os concellos de Quintela de Leirado, Verea, Muíños e Bande. Como novidade este ano, o rallye estará centralizado en Celanova, onde se realizará o reagrupamento e a asistencia técnica, na Praza Maior e no polígono industrial, respectivamente.
O vicepresidente da Deputación e alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, dixo na presentación que a institución provincial apoia este rallye “pola súa relevancia e porque estamos ante un deporte que na nosa provincia goza dunha grande aceptación e tradición, e dende a Deputación seguiremos colaborando con el porque o bo facer da organización e de toda a xente que o fai posible, é unha mostra de profesionalidade e sacrificio que contribúe a promocionar a nosa provincia no eido deportivo e turístico”.
O programa do rallye comezará mañá venres, 1 de outubro, coas verificacións técnicas e administrativas, que se realizarán no Liceo de Ourense e nas Burgas, e ao día seguinte, sábado 2 de outubro, desenvolver a proba, que comezará ás 8.00 horas e está previsto que remate ás 20.00 horas. Posteriormente realizarse a publicación dos resultados e a entrega dos premios.
Ningún comentario:
Publicar un comentario