“NACER E VIVIR NO CAMIÑO DE SANTIAGO”, EXPOSICIÓN DE MANUEL VIDAL
Infogauda / Ourense
O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do catálogo “Nacer e vivir no Camiño de Santiago”, de Manuel Vidal. Este pintor é un dos artistas máis asentados na esfera dos creadores establecidos en Ourense, e mantén unha longa relación coa Deputación de Ourense dende o seu posto de profesor de pintura na Escola de Artes e Oficios da institución provincial.
A súa mostra, que se inaugura esta tarde no Centro Cultural, abrangue medio cento de pinturas, realizadas con diferentes técnicas, aínda que maioritariamente prevalece o óleo. Son obras, segundo explicou o director do Centro Cultural, Francisco González, “realistas, fáciles de ver, e que, sen dúbida, mellor se adaptan ao acontecemento cultural por excelencia deste ano en Galicia: o Xacobeo”.

Francisco González definiu a Manuel Vidal como “un mestre de pintores”, aludindo ao seu traballo profesional na Escola de Artes e Oficios, “e non só é profesor, senón que é un profesor querido e admirado polos seus alumnos, e iso di moito de Vidal como persoa e como pintor”.
A exposición componse de obras que remarcan a relixiosidade do Camiño, pero tamén o esforzo, a fe e a peregrinaxe das xentes que van a Compostela. “E Ourense, como terra paso e importante cruce de camiños que levan a Santiago, síntese leda de acoller unha mostra como a que hoxe inauguramos, do primeiro pintor que, por certo, repite cunha exposición individual no Centro Cultural”, afirmou Francisco González.
Pola súa banda, Manuel Vidal, dixo que leva traballando nesta exposición máis de dous anos, e explicou que un pintor non debe falar da súa obra, “deben ser os cadros os que falen, para que o espectador saque as súas conclusións”. O segredo da boa pintura, en opinión de Vidal, “non é outro que conectar coa xente. Un ten que pintar o que desexa, non pensando en agradar aos demais, para que despois sexa o público o que xulgue”.
A exposición estará aberta ao público no Centro Cultural da Deputación durante todo o mes de outubro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario