RECEPCIÓN DO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN Á ASOCIACIÓN INTERNACIONAL DE PERRUQUEIROS
Infogauda / Ourense
O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, recibiu hoxe aos representantes da Asociación Internacional de Mestres Perruqueiros “Intercoiffure”, que están a visitar Ourense nunha das súas etapas do Camiño de Santiago.
En total son un 40 membros desta prestixiosa asociación de mestres perruqueiros, presidida en España por Luis Romero, e representada en Ourense polos perruqueiros “Lito” Seoane e Luis Sánchez Gándara.

O presidente da Deputación agradeceu a visita á institución ourensá, e afirmou que a nosa provincia “é dende fai milenios un punto de encontro de culturas e diferentes colectivos sociais, e o feito de que o gremio dos mestres perruqueiros nos honre coa súa presenza, é para nós unha satisfacción porque a súa é unha das profesións que máis contacto directo ten coa xente”.
José Luis Baltar dixo que Ourense, ademais doutras moitas riquezas “ten unha que sobresae de entre todas: o noso capital humano. As nosas xentes son as que fan desta provincia un lugar único onde disfrutar da hospitalidade e da cordialidade”.
Pola súa banda, Luis Romero dixo que a Asociación Internacional de Perruqueiros ten máis de 3.000 socios repartidos por todo o mundo, “e representa unha mostra do humanismo do noso quefacer diario. Con esta visita a Ourense e con este percorrido polo Camiño de Santiago, queremos dar a coñecer a realidade máis humana dos perruqueiros, algo que no Camiño se reflicte á perfección: sentimento, solidariedade, ocio e respecto polas persoas, polo historia e polo medio ambiente”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario