Lin a nota na que se dicía "Malteses é o Bronx", e ten toda a razón, só que eu lle agregaría “e A Guarda un gueto", sí, con todas as letras.
- Dánnos aquilo que consideran, ou que lles convén considerar, que é o mellor para nós, sen ter as nosas opinións en conta (visto está o da Rúa Fernandez Albor), coma se nos considerasen incapaces, claro está, logo de usarnos para votarlles.
- Énchennos de publicidade de bandeiras azuis e destinos turísticos, cando non fixeron nin fan nada por crear fontes de traballo no noso pobo, é dicir somos un bó lugar para que outros gocen, mentres que os de aquí nos temos que ir fóra para conseguir un choio.
- Pretenden gobernarnos co medo. Esa frase moi escoitada por boca de algúns,"si sobe fulano ou mengano ou zutano, que vai ser de vós", eu dígovos que mellor que o que o estades facendo vós, ata un neno de Primaria.
- Se puidesen volverían facer que só un pequeno grupo de persoas fosen os donos do pobo e todos os demáis a traballar por un bocadillo, pero claro, esta vez os do minúsculo grupete serían eles.
- Véndennos que temos unha gran festa local (a do Monte), mentres que outras localidades que sempre foron sombras ao noso lado, teñen atraccións para o reclamo dos turistas durante todo o verán, xerando así moitos postos de traballo local. Para mostra sobran algúns botóns: Qué eran ata non hai tanto tempo lugares como Caminha, Vilanova de Cerveira, etc? Agora, con actividades todos os fins de semana do verán, festas medievais, da historia, mercado todo o día sábado, parque acuático, etc., convertéronse no destiño da maioría de guardeses que non atopan na súa propia vila cousas interesantes que facer e ver, co cal deixan ademais alí o seus cartos.
- Dínnos que fixeron moitas obras no pobo, todas con axudas conseguidas do Estado e "entregadas" por licitación, sempre os mesmos destinatarios, os cales dan traballo a xente doutros concellos ou portugueses, e coma se fose pouco, pídenosnos que aplaudamos.
- Trátannos como a cidadáns de segunda, aos que se lles tira un anaco de pan e deben saltar de contentos, mentres que en municipios lindantes como o do Rosal véselles crecer permanentemente, a tal punto que moita xente de aquí, de toda a vida, foi a vivir para ali.
Señores gobernantes “de quenda” (porque sodes iso e non o esquezades,"de quenda", hoxe sí, e mañá, se é que vos volvemos votar) como son profundamente crente, e ensínasenos que "polos seus froitos os recoñeceredes", dígovos que...BINGO! Recoñecémosvos, non sodes máis que "fachas do subdesenvolvemento enmascarados de socialistas". Si señores e damas, autoritarios ata o cansanzo, mentireiros compulsivos, discriminadores de todo aquel que non sexa do voso séquito, elitistas sen ter con qué, pero todo envolvido nun halo de "queremos o mellor para o pobo da Guarda", cando o único que queredes é perpetuarvos o maior tempo posible no poder para canalizar mais folgadamente as vosas vidas e as dos vosos bufóns correspondentes. Non escatimades en luces para poucas noites, e tanto brillo non vos deixa ver que neste pobo se necesita menos luz e mais claridade e transparencia, en promesas que non habedes cumprido.
Se é que non sodes capaces, dici-lo dunha vez por todas e facede o que toda persoa de honra, dade un paso ao costado e que siga o que saiba como facer as cousas.
ZZZ...MOSQUITO CAPÓN
ZZZ...MOSQUITO CAPÓN
OS VOSOS COMENTARIOS
Anónimo dixo:
bla, bla, bla...
Anónimo dixo:
bla, bla, bla...
Anónimo dixo:
como se nota que non sabes articular unha palabra completa...nin que foras un dos que nos gobernan...
Anónimo dixo:
Domingo 29 de agosto, fin de sema crítico en canto a desplazamentos, operación retorno e o iluminatti ministrin de tránsito, autoriza unha carreira, que inhabilita o, xa de por si saturado tránsito desta vila. Pero donde ten as bombillas este home.
Domingo 29 de agosto, fin de sema crítico en canto a desplazamentos, operación retorno e o iluminatti ministrin de tránsito, autoriza unha carreira, que inhabilita o, xa de por si saturado tránsito desta vila. Pero donde ten as bombillas este home.
Anónimo dixo:
no bolso home, no bolso e levadas da casa jrande.
no bolso home, no bolso e levadas da casa jrande.
Anónimo dixo:
somos un geto do talibán, tes razón mosquito.
somos un geto do talibán, tes razón mosquito.
As cousas son como son, son verdades claras, e por iso non gustan que se digan, iso que temos uns lambóns que ainda lles apoian e os defenden, e intentan calarte e despreciar as verdades que lle doen, será seguro porque están metidos na tallada ou queren entrar. Mosquito non te acordaste de poñer o último premio que recibíu o noso Pobo: A Guarda premiada como destino europeo por excelencia. Sae na páxina do Concello. Menuda vergonza recibir un premio que é unha gran mentira. Iso sí, na foto salen mui satisfeitos, pero como non teñen vergonza, no seu próximo boletín informativo xa se encargarán de recordalo. Non sei os criterios que toman para dalo. Tamén non nos extrañaría muito cantas comilatas de mariscos lle costaría.
Antes era do psoe, agora sun do mosquito, dixo:
Iso mosquito iso, dálles caña que xa eles nos la dan a nosoutros mintíndonos na cara.
Anónimo dixo:
E sen ser socialista de carné (nin votante) digo que aquí hai moi mal rollo! Pero que pasa cos que nos gobernan? Tan malos son? Está claro que para gustos hai cores. Comparados con anteriores gobernos, os que agora gobernan algo fixeron aínda que foran cousas discutibles, polo menos xeraron un debate polas actuacións municipais, para ben ou para mal hai actividade. Poderíanse dicir moitas cousas sobre o que queda por facer e o que está mal feito (que non todo o que se fixo mal foi neste último mandato). O certo é que hai unha oposición inexistente que comulga con todo ou non se enteira de nada (PP e BNG, etc). Claro, cando se fai algo, mal e cando non tamén, pero fagan algo carallo! Que non se ven máis que para sair na foto! Propoñan alternativas reais e fáganllas chegar aos cidadáns, porque doutro xeito parecerá que están aí agardando una oportunidade por aburrimento. E logo, quen vai crer nos políticos? Se non hai xente que se perocupe polos problemas. Eu só daría un dato, A Guarda precisa mimar moito máis a súa paisaxe que é o seu patrimonio principal. Se a Guarda quere ser un destino turístico de primeira non podemos estar dacordo coa nova Lei de Costas, por exemplo, ou coa desfeita que supón a construción da vía de "alta capacidade" ou como demo se chame. Estamos estropeando o pouco encanto que lle queda a este recuncho e para máis inri é o único polo que paga a pena vivir aquí e por iso veñen a visitarnos, non o esquezamos.
Anónimo dixo:
¿Xa terán feitas as contas das festas do monte, ou ainda o Loliyo non sabe canto costaron as orquestas?
Anónimo dixo:
Se foi co Lolillo con quen fixeron negociado xamáis saberemos o verdadeiro valor, xuntoúse a fame cas gañas de comer. Menudo elemento temos,canto máis lonxe mellor. E iso que e do PP.
Non sei como perdedes o tempo falando das grandes iluminacións do técnico da Joreña, pois cando ten un embolado, si non ven seu irmán ca solución, ponse a chorar, xa que nin o Taboada e menos o lugarteniente lle fan caso.
Cando iba no autobús de Citroën, tiña solución para todo, ahora cando podía demostralo, cero patatero o copión de zapatero, ¿non fos fijasteis que tes os mismos gestos que seu amo? Son a repera, mosquito, está o loro, pois nas festas da Guía, vai haber tacóns rotos dabondo na plaza do carajo.
Anónimo dixo:
Cejo:
Na praza “Do carajo” ou “Do alcalde frustado” tamén ten boa culpa o aparellador municipal Hermilindo Martinez, pois foi da súu idea a planificación de esa praza, e así está.
Xa se oen comentarios que en vez de pasear pola praza ches tes que ir fixando para o chán para non torcer os pés. ¿¿Será para que non vexas “O Carallo” na ventá?? E de bailar, dudo que se poida facer. A culpa xa está dita de quen é.
Anónimo dixo:
CEjO non me digas que te levantaste do sillon pra mirar a praza da Guía. Non o creo.
Anónimo dixo:
Con só ouvir a novena, xa me chega.
Contaminacion acustica INTEGRISTA, Mmnos mal que, dende se inventou o mp3 un escuta o que quere.
Hai un anónimo que non se atreve a salir do armario, pois solamente ten preocupación por verme as nalgas na rúa e non quer saber si me sento no sillón ou no chan, a súa obsesión son as nalgas.
Anónimo dixo:
Bó tipo non tés se o tuveras, pode ser CEjO.

Ningún comentario:
Publicar un comentario