30 de ago. de 2010

OS TEIXUGOS GAÑAN O CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLALOM
Informa (fotografías e texto): Rosa Fernández /Ribasaltas
O pasado domingo celebrouse en Ribasaltas, preto de Monforte de Lemos, o Campionato Galego de promoción de Slalom, no que o clube de Tomiño alzouse co trunfo unha vez máis.
A organización correu a cargo do Club Piragüismo Montaña-Quixós e a Federación Galega de Piragüismo, sendo esta a última competición de promoción desta tempada 2010.
O balance final para os Teixugos non puido ser mellor: Dúas medallas de ouro, unha para Manuel Ochoa e outra para Clara Gónzalez; tres de prata, unha para Brais Castro e dúas para Andrea González; e dúas de bronce para Isabel Valcárcel.
Na suma final por puntos o Club Deportivo Miño-Teixugos acadou o primeiro lugar.
Remata así a tempada 2010 para os Teixugos máis pequenos, cunha marca inmellorábel, xa que o club acadou o primeiro posto en tódalas regatas celebradas este ano.
Podedes ver a reportaxe de fotos nesta ligazón.
Tamén podedes ver fotos e videos de outras competicións en teixugos.blogspot.com/

Ningún comentario:

Publicar un comentario