25 de ago. de 2010

A GUARDA

FALLADO O XXIV CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN VICENTE

- A entrega dos premios terá lugar o venres día 27 de agosto, ás 21:00 h. no Centro Cultural e Social de A Guarda



Infogauda / A Guarda
Julia Sobrino González e María Soledad Diz Amil, presidenta e secretaria, respectivamente, da Agrupación Cultural Guardesa, veñen de comunicar que o pasado día 23 de agosto tivo lugar a reunión do Xurado Cualificador do XXIV Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente, convocado pola Agrupación Cultural Guardesa.

Formaron parte do Xurado, Mª Fernanda de Santiago Moure, Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa; María Asunción Vázquez Vicente (Chuni Vázquez), poeta e pintora; Florentina Andrés Álvarez, Douctora en Ciencias Polítiicas e Relacións Internacionais; Carmen Mª Baz Baz, Licenciada en Filoloxía Xermánica; e Fátima Pérez Sobrino, Licenciada en Filoloxía Hispánica.

Resultaron premiados os seguintes poetas:

1º Premio, Xosé Manuel Esperante Davila, de Escarabote (Boiro), polo poema Imposible - O meu corpo pide terra.

2º Premio, Xosé Alberto Álvarez Rodríguez, de Tomiño, polo poema Procurando a ollada cómplice.

3º Premio, Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña), polo poema O alento do solpor.

A entrega dos premios terá lugar o venres 27 de agosto ás 21:00 h. no Centro Cultural e Social de A Guarda, durante un acto cultural poético. Actuará o Coro Cantabile, dirixido por Lucía Alonso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario