25 de ago. de 2010

ESTEIRO DO MIÑO

ILLOTE MORRACEIRA DE SEIXAS
Nesta fotografía do Sigpac podemos ver as dúas zonas do illote: a parte que habitualmente se atopa submerxida (o areal) e a zona emerxida, colonizada pola vexetación palustre.



O illote Morraceira de Seixas recibe este nome por estar situado fronte a feligresía portuguesa de Seixas, pertencente ao concello de Caminha



Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)



Superficie marea baixa: 27 Ha.
Lonxitude perimetral en marea baixa: 3400 m.
Superficie marea alta. 9 Ha.
Lonxitude perimetral en marea alta: 1130 m.
Anchura máxima: 430 m.
Lonxitude máxima: 1000 m.
Anchura máxima: 260 m.
Lonxitude máxima: 425 m.

A formación deste illote iniciouse a principios da década dos oitenta. Por aquel entón, non era máis que un areal que sobresaía do río durante a marea baixa carecendo totalmente de vexetación. A mediados dos oitenta, as plantas, entre elas o carrizo (Phragmites australis), comezaron a colonizalo. Na actualidade soamente as máximas crecidas do río o submerxen na súa totalidade, pero na maior parte do ano non sucede isto, aínda que si as mareas cubren máis do 50% da sús superficie.
Como todos os illotes do complexo intermareal da Canosa (a excepción precisamente da illa que da nome a este complexo), son internacionais.

A morraceira de Seixas é un dos reductos utilizados polas moitas aves acuáticas presentes no Esteiro do Miño para descansar.

Os elementos que forman este areal corresponden á sedimentación arrastrada polo río que se van depositando e orixinando os típicos bancos de area. Algúns bancos poden acabar formando illas, como sucede neste caso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario