12 de ago. de 2010

OURENSE

DENDE HOXE ESTÁN Á VENDA AS ENTRADAS PARA VER A LEONARD COHEN EN OURENSE


Infogauda / Ourense
Dende hoxe xa se atopan á venda as entradas para o concerto do cantante Leonard Cohen, que terá lugar ás 9:00 da noite, do vindeiro día 12 de setembro, domingo, no pazo dos deportes “Paco Paz” da Deputación. Ourense é a única cidade española da súa xira e aquí serán tamén as entradas máis baratas, a partires de 15 euros.
O concerto forma parte da programacion cultural do Xacobeo 2010, que é a entidade organizadora, e conta coa colaboracion económica da deputación provincial.
Os prezos das entradas son os seguintes:
bancada xeral sen numerar: 15,00 euros.
bancadas baixas bulevar e río numeradas: 25,00 euros.
resto cadeiras pista: 25,00 euros.
cadeira preferente pista numerada (primeiras filas): 40,00 euros.
As localidades pódense adquirir xa nos servizos online de Caixa Galicia e, a partir do martes, día 17 de agosto, en Caixanova e na web de “El Corte Inglés”.
Grazas ó esforzo económico da Deputación de Ourense e da sociedade anonima Xacobeo 2010, Ourense será a única cidade española na xira de Leonard Cohen e a que conta cos prezos máis económicos para poder ver ó cantautor canadiense. Como refencia de prezos , en Lisboa oscilan entre 75 e 30 euros, en Hannover entre 85 e 56, e en Florencia entre 106 e 46 euros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario