2 de mar. de 2010

OURENSE

A DEPUTACIÓN DE OURENSE PATROCINA O OPEN DAS NACIÓNS, QUE TERÁ LUGAR EN CASTRELO DE MIÑO




Infogauda / Ourense


Máis de 700 deportistas de España e Portugal daranse cita entre os días 12 ao 14 de marzo en Castrelo de Miño na celebración do “Open das Nacións - IV Descenso do Ribeiro”, un campionato de España de Seleccións Autonómicas de Remo que reunirá aos mellores especialistas nas distancias de 1.000 e 6.500 metros.
A Deputación de Ourense, que colabora con este importante evento, acolleu hoxe a presentación do campionato, ao que asistiron o vicepresidente primeiro da institución, Plácido Álvarez; o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez; a xerente de Turgalicia, María del Carmen Pita, e a presidenta do Clube Náutico Castrelo de Miño, Beatriz Alberte, xunto con outras autoridades e representantes de empresas patrocinadoras.Plácido Álvarez destacou a importancia de que un evento deportivo destas características “converta á provincia de Ourense no foco central do deporte náutico do remo en España durante un fin de semana. Boa proba delo é que nos visitarán máis de 700 deportistas, o que unido aos acompañantes e afeizoados, e á importancia do campionato permitirá concentrar en Castrelo de Miño toda a atención deportiva, algo que contribúe a potencia e promocionar a imaxe da nosa provincia no exterior”. Plácido Álvarez dixo que a Deputación de Ourense seguirá apoiando iniciativas como esta “que teñen como obxectivo promover o deporte, inculcar hábitos saudables e a convivencia entre os xóvenes”.O “Open das Nacións” está reservado a embarcacións olímpicas de remo das categorías de Outtriger a 8 con timonel e Scull 4 feminino para a proba de descenso, e do resto das categorías na proba de velocidade. O evento conta cun presuposto total de 150.000 euros e o obxectivo é continuar a consolidación do mesmo para que se converta nun referente no ámbito europeo.Por parte española, confirmaron a súa presenza atletas e clubes de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, Aragón, Cataluña, Valencia, Madrid e Andalucía; mentres que representando a clubes estranxeiros a maioría proceden de Portugal (Figueira da Foz, Viana do Castelo e Oporto), seguido de deportistas de Gran Bretaña, Irlanda, Austria e Rusia.A xornada do día 12 de marzo está reservada a entrenamentos oficiais, sendo o día 13 a competición de 1.000 metros. O domingo 14 de marzo celebrarase o descenso de 6.500 metros, con inicio no Balneario de Laias e chegada a Castrelo de Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario