2 de mar. de 2010

GALICIA

O presidente da Xunta traslada ao Papa Benedicto XVI o “máximo interese” do pobo galego por que visite a nosa comunidade

O presidente da Xunta foi recibido, este mediodía, en audiencia pola Súa Santidade o Papa, Benedicto XVI Autor: Servizos gráficos da Santa Sede
Infogauda / Galicia
Alberto Núñez Feijóo foi recibido hoxe en audiencia pola Súa Santidade.
Confesa que sentiu”unha emoción especial” cando obsequiou ao pontífice cunha réplica en miniatura do batafumeiro da Catedral de Santiago e cun exemplar do Códice Calixtino en galego.
Resalta que Santiago este ano “vai estar de gala”, e que a Xunta vai traballar tamén para prever algunha programación “moi especial” coa que celebrar “como se merece” o 800 aniversario da consagración da Catedral de Santiago de Compostela no 2011.
Economía e Industria crea unha bolsa de comercios baleiros para que novos emprendedores releven aos que preto da xubilación deixan o negocio
A Dirección Xeral de Comercio promove o relevo xeracional do tecido comercial galego ao financiar cunha prestación de 10.000 € anuais a comerciantes autónomos próximos a xubilación que deciden deixar a súa actividade.
A orde de axudas inclúe por primeira vez a creación dunha bolsa de comercios baleiros que será publicada na páxina web da Consellería de Economía e Industria, coa finalidade de dar maior publicidade aos locais desocupados.
A Consellería de Economía e Industria aposta polas novas tecnoloxías no comercio, no ano 2009 concedéronse máis de 2,18 millóns de euros, para atender máis de 1.000 iniciativas neste eido.
Os concellos poderán solicitar a partir de mañá as axudas da Xunta para sufragar o gasto dos servizos sociais que prestan
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a orde que permite á Consellería de Traballo e Benestar abonar por anticipado o 100 por cen dos pagamentos.
Grazas a esta normativa, as corporacións locais poderán ter na súa tesourería desde a primeira metade do ano a integridade dos fondos correspondentes ao coñecido como Plan Concertado.
O departamento autonómico destinará unha partida orzamentaria inicial de 47,5 millóns de euros, que poderá ser ampliada.
A Administración autonómica prevé que máis de 600.000 veciños resulten beneficiarios das subvencións e que se poda manter un cadro de persoal de máis dun millar de traballadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario