Infogauda / A Guarda
¡Non era sen tempo!
Como xa informáramos en exclusiva - porque ningún outro medio se fixo eco do asunto - a finais do pasado mes de decembro, o busto de bronce correspondente o monumento a mestra Dona Aurora, levaba meses no obradoiro de Picho, agardando que suas "excelencias", do grupo maioritario do Concello de A Guarda, se dignasen avisar o persoal correspondente para repor o devandito busto no pedestal que se atopa fronte a escola da A Sangriña.
Supoñemos que para ese "esquecemento" debeu haber motivos dabondo. A desidia, pudo ser - de feito foi - un deles. Pero probablemente houbo algún motivo máis. Desde Infogauda intuimos cál foi. Sería oportuno que o "goberniño" de maioría absoluta espricase os cidadáns cáles foron as "razóns" para demorar a colocación do busto de bronce no seu lugar. Agora o que procede é facer visible ese busto, porque as tuias que o franquean, impiden súa visión total. Polo tanto, o concelleiro de Medio Ambiente - ou a quén lle corresponda - debería proceder do xeito máis convinte: ou transplantar esas árbores ou darlles no intre oportuno unha poda. O autor do monumento, o escultor Xosé Antúnez Pousa, en decraracións a este xornal dixital prefire que sexan transplantados. Nós entendemos que se o monumento contou desde un primeiro intre con esas especies vexetais non se deberían de suprimir.
COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
Minguillo dixo:
Dice el refrán "Es de bien nacidos ser agradecidos", por eso agradezco la reposición en su lugar. Los que fuimos alunnos de de DOÑA AURORA repito lo agradecemos, porque a ella no la olvidaremos nunca. Gracias y saludos a todos los lectores de INFOGAUDA.
(Minguillo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario