19 de set. de 2026

A GUARDA

CONCENTRACIÓN POR PALESTINA NA GUARDA 

O XENOCIDIO CONTINÚA 




Baixo Miño con Palestina

 O colectivo Baixo Miño con Palestina convoca a cidadanía baixomiñota a concentrarse na praza Avelino Vicente, da Guarda, o próximo luns, 21 de setembro ás 20:30. 

 Lonxe dos grandes titulares e focos, o xenocidio continúa en Gaza e en Cisxordania. Desde o anuncio, hai un ano, do suposto plano de paz para Gaza por Donald Trump, a entidade xenocida de Israel continuou asasinando persoas e familias en Palestina e no Líbano todos os días, sen excepción. 

 As persoas continúan carentes dos principais mínimos vitais en Gaza: alimentos, medicinas, auga potábel, electricidade...mentres as forzas de Israel alargan a súa ocupación da Faixa e intensifican o exterminio. En Cisxordania, amplíanse os asentamentos coloniais e continúa a demolición de casas e aldeas palestinas. 

 O xenocidio en Palestina non está desvinculado das operacións de agresión contra o Irán ou o Iemen, que abocan o mundo a unha escalada imprevisíbel. 

 Gaza é o laboratorio no que o imperialismo experimenta o que prepara para o resto da humanidade. Por iso, e porque somos humanas, debemos seguir falando de Palestina, porque non podemos permitir que culminen o exterminio. 

 Palestina vencerá!

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario