- Os traballos de restauración do busto fai varios meses que están rematados
Na imaxe, aspecto que presentaba o día 6 de outubro de 2007, o monumento a Dona Aurora, antes de que no decurso deste ano 2008, o busto fose retirado para restaura-lo
Así está - desde fai varios meses - o pedestal do monumento, "grazas á eficienza" dalgúnsInfogauda / A Guarda
Como xa informamos oportunamente, e disto fai uns cantos meses, o monumento a relembrada mestra Dona Aurora González Neira, da autoría do escultor baixomiñoto, Xosé Antúnez Pousa, foi obxecto, no seu día, da actuación dalgún gamberro que embardurnou de pintura de coor marela o busto de bronce do devandito monumento. Lonxe de atender puntualmente esa incidencia, algúns prebostes municipais, que gozan de suculentas retribucións a conta de tódolos contribuíntes, deixaron no máis absoluto abandono o monumento. Pasado uns meses, nunha das visitas o lugar, puidemos comprobar que o busto, xa non soio fora obxecto dunha gamberrada, senón que un dos espárragos de suxección o pedestal de pedra, fora presuntamente forzado, de tal xeito que a sustracción do busto de bronce, semellaba ser o paso seguinte para completar non xa unha gamberrada, senón unha falcatruada maior. Novamente desde Infogauda demos conta dese suceso, e mesmo puxémolo en coñecemento de un ex-alumno - cuia identidade nos consta - e membro da Comisión Organizadora da Homenaxe a Dona Aurora González Neira. A partires dese intre, pasado un tempo que non podemos determiñar, o busto foi retirado do seu emprazamento. Como descoñecíamos quen se ocupara desa labor, fixemos as oportunas averiguacións, e logo de contrastar á información que recibimos de varias fontes, quedamos máis tranquilos, sabendo que o busto estaba no obradoiro de Fundicións Narciso, de A Guarda. Por suposto, como demos por feito, que as labores de rehabilitación ou restauración, non se fán de un día para outro, deixamos transcorrer un tempo máis que xeneroso, antes de voltar a abordar o asunto neste xornal dixital. Como queira que xa pasou tempo dabondo, quixemos comprobar como se atopaba o devandito busto. E foi neste punto, cándo chegamos a conclusión de que estamos "gobernados" pola desidia personificada.
Estamos "gobernados" pola desidia, porque o busto de bronce leva meses "esquecido" no devandito obradoiro, agardando que súas ilustrísimas se dignen ir a busca-lo e da-las oportunas instruccións para devolve-lo o seu emprazamento. De paso, non estaría de máis que logo de fala-lo cos membros da Comisión Pro-Homenaxe a Dona Aurora, trasplantasen - ou podasen -, agora que é o tempo axeitado para esa labor, ás dúas árbores que franquean o monumento e impiden súa completa visión os transeúntes.
OPINIÓNS DOS LECTORES:
Un lector de Infogauda tivo a bén remesarnos seu comentario - que agradecemos vivamente - e no que dí o seguinte:
Es "Doloroso" ver que pasan días, semanas,meses y por culpa de no sé "quién",no se REEMPLAZA el busto de nuestra PROFESORA, a su sitio. Es el recuerdo de mi Juventud, perdón de nuestra JUVENTUD. Recuerdo a los hermanos Emilio y Adolfo Rolán Mosquera; a Basilio y Pepe Vicente Santiago; a Flora, Juanito y Javier Carrero(Hs.de Valentín); Felisa Fernández (Jadellas), Darinita Domínguez (Taxota), Andrelino (H. de Andrelino), Manuel y Ramón Franco, Silverio (Erundina), etc... Así hasta cientos ó miles que pasamos en nuestra Juventud por sus Clases Públicas ó Privadas.
Gracias DOÑA AURORA, nunca jamás le olvidaremos.
Gracias anticipadas repito a quién corresponda si cumple con su >>DEBER<<.
Ningún comentario:
Publicar un comentario