IN MEMORIAM
JOSÉ PEREIRA ROLÁN
(PEPE BARRUMBAS)
Compañeiro da ialma, compañeiro…
Espertamos esta mañá cunha triste nova que non quixésemos recibir nunca: a triste nova da túa partida.
Pepe, compañeiro e amigo, amigo e compañeiro! Un home BO e XENEROSO, un home NOBLE, moi noble, un home comprometido, leal, traballador, discreto e humilde.
Levaches o traballo a prol do ben común á súa máxima expresión: no deportivo co club que tanto querías, no social, no veciñal, no público e no privado, e no político co teu PSOE que tanto amabas, así como en todo canto se che solicitase. Sempre disposto a axudar a quen o precisase e sempre coa alegría que contaxiabas a cantos estabamos ao teu carón.
Deixas unha pegada imborrable na Agrupación Socialista de Tomiño, na túa casa. Es o compañeiro a quen todos queriamos porque a ti, quen te coñece, soamente pode quererte.
E hoxe, aínda que rotas pola dor, sabemos que un anaquiño do teu enorme corazón estará sempre cos socialistas. Seguirás presente no noso día a día, no noso traballo e na nosa lembranza. ¡Seguirás connosco sempre!
E queremos darte as grazas. Grazas por ser, por estar, por compartir, por axudar, pola lealdade, pola dignidade e pola bonhomía que sementaches. ¡Grazas por todo e por tanto!
“A las aladas almas de las rosas
del almendro de nata te requiero,
que tenemos que hablar de muchas cosas,
compañero del alma, compañero”.
—Miguel Hernández
Ningún comentario:
Publicar un comentario