Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal no concello da Guarda, vén de presentar no rexistro municipal de entradas (R. E. nº 1504 do 06.03.2010), un documento no que unha vez máis subliña unha vergonzosa situación que segundo denuncia, estáse dando no concello guardés, froito do desgoberno municipal do grupo maioritario, encabezado por José Manuel Domínguez Freitas.
O documento o que tivo acceso este xornal dixital, dí textualmente o seguinte:
Celso R. Fariñas, Portavoz do Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL no Concello de A Guarda
EXPON:
Que en distintas ocasións e data da semana que remata hoxe, ténse apersoado no Concello a fin de poder sacar fotocopias de diversos documentos necesarios para a súa laboura de Concelleiro, séndolle imposible de realizalas, dependendo en tódolos casos da colaboura do persoal de Secretaría, dado que a fotocopiadora que está a disposición dos concelleiros carece de tonner dende fai varios días.
E de coñecemento xeral, que a distribuidora non suministra o material pola falta de pagos do Concello.
Isto é o que está acontecendo nestes momentos no noso Concello, hai un bó número de casas comerciais que non están despachando mercadorias e materiais, dado que teñen sen cobrar unha boa cantidade de facturas dende fai meses, e a fama de “puferos” e cada vez maior.
Os que decían que ían arranxar tódolos problemas de A Guarda, os que estaban preparados e dispostos a facer o nunca visto, veñen demostrando a súa deixadez e abandono das tarefas municipais.
Os da “transparencia” e “diálogo” ca oposición e cos veciños, dando cada día un exemplo máis da súa prepotencia, chulería e sordeira.
Para mostra un (ou varios) botóns, os veciños de Inguieiros, da rúa Manuel Alvarez, de Fernández Albor, O Castro (é as beirarrúas), etc.
ASI NOS VAI
Ningún comentario:
Publicar un comentario