A posta en escena da obra de Carlos Casares achégalles a lingua galega aos máis novos coa colaboración de Política Lingüística
· Anxo Lorenzo e Gustavo Adolfo Garrido
Infogauda / Galicia
Anxo Lorenzo participou esta mañá na presentación do Proxecto Toromelos, unha iniciativa da Fundación Carlos Casares e da ESAD de Galicia que pon en valor a literatura e o teatro infantil e xuvenil en lingua galega.
O proxecto, que dará comezo o próximo día 4 coa estrea da obra Lela anda en Bicicleta, está dirixido a todos os escolares de Galicia.

José Luis Mira asistiu á Gala do Turismo e a Gastronomía 2010, que se celebrou en Pontevedra
O acto contou coa presenza de máis de seiscentas persoas procedentes de todos os sectores relativos ao turismo hostaleiro.
Nesta edición foron premiados Fitur, Inorde, Begano e Auga de Sousas.
Como Prato do ano resultaron premiados, ex aequo, Bitadorna e Tira do Cordel.

Publicadas as listaxes de admitidos para a realización dos cursos de lingua galega que organiza Política Lingüística
A relación de admitidos nas catro provincias para a quenda de cursos que comezan este mes pode consultarse na páxina web da secretaría xeral.
Nos próximos días faranse públicas as listas de admitidos dos colectivos, entidades e/ou organizacións que solicitaron os cursos.
O departamento que dirixe Anxo Lorenzo convocou o pasado mes de xaneiro un total de 185 cursos preparatorios para obter o Certificado de lingua galega, que se desenvolverán en tres quendas ao longo de todo o ano.

A Xunta presenta o programa “Xuventur” que ofrece 1.500 prazas para mozos galegos para fins de semana multiaventura en casas de turismo rural
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro Tato, e mais a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, presentaron hoxe o programa Xuventur, organizado polas consellerías de Traballo e Benestar e Cultura e Turismo para promover o turismo rural entre a mocidade galega.
Xuventur é un programa de actividades de lecer e tempo libre para levar a cabo en diferentes casas de turismo rural de toda Galicia. O obxectivo desta iniciativa conxunta é que os mozos e mozas participantes coñezan a xeografía e o patrimonio natural, cultural e etnográfico de Galicia, promovendo o seu respecto.
A iniciativa terá lugar nas fins de semana dos meses de abril, maio e xuño e nela poderán participar todas aquelas persoas que teñan entre 18 e 35 anos.

Galicia rexistrou no mes de febreiro un total de 234.171 persoas desempregadas, 2.543 máis que no mes anterior
A directora xeral de Formación e Colocación, Ana María Díaz López, explicou este aumento supón reducir á metade a destrución de emprego que se rexistrou no mesmo mes do ano pasado e que ascendeu a 5.254 persoas.
O incremento do paro en Galicia sitúase por debaixo da media estatal, que foi dun 2,03 por cento fronte ao 1,1 por cento da comunidade.
A comunidade galega é a segunda onde menos aumentou o paro este mes, e a terceira onde menos se incrementou o desemprego en termos interanuais.
A representante autonómica sinalou que o paro diminuíu no sector da agricultura e a pesca, e nos subsectores do aloxamento e da industria da alimentación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario