Daniel Ozores Álvarez / Responsábel do Espazo TIC e dinamizador da Sociedade da Información / Tomiño
O Concello de Tomiño, en colaboración coa Rede de Dinamización, anuncia un novo obradoiro de achegamento ás Novas Tecnoloxías que terá lugar no mes de xaneiro en Tomiño.
O obradoiro que se vai desenvolver é o de “Curso de alfabetización dixital”. Realizarase na aula de ordenadores do Campo da Feira en Tomiño entre os días 18 e 28, de luns a xoves. Ao finalizar este obradoiro o/a usuario/a será capaz de manexar de forma básica un computador, así como de acceder a Internet e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbeis. Haberá dous horarios diferentes para facilitar a asistencia as persoas interesadas, sendo un de maña, entre as 10:00 e as 12.00, e outro de tarde entre as 18:00 e as 20:00.
Ademais, o venres 29 de xaneiro, ás 10 horas, na aula de ordenadores do Campo da Feira, realizarase unha charla informativa “Solicitude de cita médica por internet”, dunha hora de duración, na que se tratara o tema de como solicitar unha cita médica a través de internet e como podemos consultar, modificar ou eliminar as citas xa realizadas.
O ESPAZO TIC, xurdido en abril de 2008 ao abeiro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información, é actualmente un importante punto de referencia dentro da estratexia marcada pola Concellaría de Mocidade e Promoción Económica para difundir e fomentar o uso e aproveitamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación no Concello de Tomiño.
Para iso e durante todo este tempo, o ESPAZO TIC vén espallando a súa actividade polas diferentes parroquias do concello desenvolvendo accións diversas como charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital e outros de moi variada temática, adaptándose ás diferentes necesidades dos colectivos sociais tales como mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.Para solicitar máis información sobre as actividades organizadas polo ESPAZO TIC de Tomiño poden dirixirse persoalmente ás instalacións situadas no parque do Campo da Feira, chamar ao teléfono 986.623.304, visitar a páxina web www.redededinamizacion.eu ou mandar un correo electrónico ao enderezo: daniel.tomino@dinamiza.fundacionacalidade.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario