A plataforma Queremos Galego do Baixo-Miño envía 1000 postais ao Presidente da Xunta para que en 2010 tamén el queira galego
Promovendo este envío masivo de postais - engadiu Tino Baz - Queremos Galego quérelle achegar ao titular do goberno galego os bos desexos da inmensa maioría do noso pobo para que no ano 2010 “el tamén queira galego” e, en consecuencia, modifique de vez a súa política lingüística causante de división, crispación e enfrontamento.
A plataforma aproveitou o acto para anunciar que nos próximos días distribuirá por toda a comarca tamén de xeito masivo adhesivos para pór no automóbil e bandeirolas co lema QUEREMOS GALEGO, animando á súa exhibición en fiestras, balcóns, comercios, centros de traballo e todo tipo de espazos onde se poida visualizar “que o pobo galego quere a súa lingua propia”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario