JOSÉ LUIS BALTAR, PREMIADO POLO PARTIDO POPULAR DE SEVILLA

O presidente da Deputación e do Partido Popular de Ourense, José Luis Baltar, recibíu na noite do martes en Sevilla o Premio “Giraldillo”, instaurado polo Partido Popular de Andalucía para distinguir o labor desenvolvido por persoeiros da vida institucional e social en favor dos Populares andaluces.
Infogauda / Sevilla
José Luis Baltar foi proposto para o premio polo presidente do PP andaluz, Javier Arenas, tralo apoio demostrado por Baltar no mitin histórico organizado polos Populares no pavillón de Dos hermanas (Sevilla), unhas das concentracións máis multitudinarias do Partido Popular de Andalucía.O Premio “Giraldillo” entregouse no decurso dun encontro navideño que organiza o Partido Popular de Andalucía, onde tamén foi premiado Juan Carlos Grau, deputado nacional do PP por Menorca. Este importante galardón recibírono en anteriores edicións persoeiros do Partido Popular como Federico Trillo e Soraya Sáenz de Santamaría.José Luis Baltar agradeceu a distinción, e fíxoa extensiva a tódolos simpatizantes, militantes e cargos do Partido Popular.
Ningún comentario:
Publicar un comentario