ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTAR TRABALLOS Ó PREMIO “PURA E DORA VÁZQUEZ” DE ILUSTRACIÓN INFANTIL
O día 20 de decembro remata o prazo para presentar os traballos que concursen na sétima edición do certame “Pura e Dora Vázquez” na modalidade de ilustración infantil e xuvenil, convocado pola Deputación de Ourense e dotado cun premio de 3.000 Euros.
Infogauda / Ourense
Con este certamen, a institución provincial tenta render unha homenaxe ás duas escritoras ourensáns e fomenta-la creación literaria, neste caso de traballos dirixidos para un público máis novo.Os traballos presentados a esta edición deben ilustrar o texto titulado “Palabra era un universo paralelo”, do que é autor Xoán Babarro González, que foi elexido como gañador no apartado de narración polo xurado constituido ao respecto.Unha vez fallado o premio de ilustración, o resultado final será un libro ilustrado que inclúa os dous traballos gañadores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario