11 de dec. de 2009

O ROSAL

O DOMINGO 13 DE DECEMBRO CELEBRARASE A ROMARÍA DE SAN MARTIÑO
Imaxe de San Martiño e centos de devotos, no decurso da celebración eucarística do ano pasado
Juan Ramón Martínez Barbosa / O Rosal
Este domingo 13 de decembro - xa que fará bó tempo - celebrarase no Rosal a tradicional Romaría de San Martiño.
A saída da venerada imaxe do Santo será ás 10:30 horas dende a Praza do Calvario ata a súa ermida, onde ás 12:00 h. oficiarase a Misa Solemne con sermón. A Romaría estará animada polo grupo de gaitas Albariños de O Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario